• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Viveiro

El BNG lamenta la falta de planificación del Gobierno Municipal en la recuperación del Parque de Covas

Los nacionalistas ven una improvisación y piden que se informe a los vecinos del plan de trabajo

Parque de Covas

COPE de la Costa

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 08:14

Os nacionalistas de Viveiro ven improvisación e total falta de planificación do goberno municipal nos traballos de recuperación do xa desaparecido Parque Municipal Pernas Peón e cuxa “morte” achacan á falta dunha política medioambiental municipal definida, tal e como xa demandaran desde o BNG de Viveiro para a contorna do paseo fluvial do río Landro, e a inexistencia dun Plan de conservación e mantemento dos espazos verdes públicos do concello que garantiría a seguridade pública e permitiría á veciñanza poder desenvolver actividades físicas, culturais, deportivas e/ou de esparcimento nestas zonas sen poñer en perigo a súa integridade física.

Desde o BNG de Viveiro aseguran que non se entende que as polémicas actuacións levadas a cabo ata o momento no que fora un espazo de descanso e ocio de referencia para varias xeracións de viveirenses, parezan máis propias de traballos forestais nun dos montes de Viveiro que nunha área de recreo-parque municipal que, aínda a día de hoxe, figura sorprendentemente como reclamo turístico na páxina de Turismo da Xunta de Galicia. Á vista do penoso e lamentábel estado no que se atopa este parque, logo dun ano de sufrir numerosas talas ata a súa mutilación ao completo, piden ao goberno municipal que informe a súa veciñanza cal é o plan de traballo programado para os vindeiros meses neste espazo, se o concello vai contar coa colaboración dos técnicos de medio ambiente da Xunta de Galiza para desenvolver o proxecto de recuperación ambiental e paisaxística deste parque municipal e se van ser quen de rematar as actuacións de limpeza e recuperación do mesmo antes do comezo da época estival.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo