Primeiros pasos do Concello de Lugo para que non falte o polbo no San Froilán deste ano 2025
A nacionalista Maite Ferreiro reuniuse coas persoas adxudicatarias dos caldeiros e das casetas para avanzar nas condicións que rexerán a súa participación nas grandes festas do outono galego

A concelleira Maite Ferreiro mantivo a primeira xuntanza deste ano cos propietarios dos caldeiros e das casetas do polbo
Lugo - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
A concelleira responsable das festas do San Froilán de Lugo, Maite Ferreiro, mantivo a primeira xuntanza do ano coas persoas que levan, ata agora, a concesión das casetas e dos caldeiros do polbo instalados na zona do parque durante as patronais.
Ferreiro sinalou que "os lugares previstos para as casetas e caldeiros do polbo eran catro pero xa levamos anos en que o Concello saca este cuarto espazo a concurso sen que ninguen se presente".

Casetas do polbo situadas nas costas do Parque de Rosalía de Castro, en Lugo
Canto custa unha ración de polbo?
Na reunión trataronse aspectos como o valor dos produtos básicos, regulado polo Concello de Lugo, con prezos públicos establecidos ata o de agora de ración 250 gramos de polbo a 14 euros, ración de 200 gramos de pan a 1,50 euros, ración de 200 gramos de cachelos a 2 euros e 3/4 de litro de viño de mesa a 6 euros.
A edil nacionalista explicou que "os contratos de casetas e caldeiros podense prorrogar este ano 2025 e tivemos o primeiro contacto para que as festas sexan un éxito en todos os aspectos".
Ata o momento son tres os caldeiros e casetas que se instalán nas festas e situanse nas costas do Parque de Rosalia de Castro, baixo a supervisión do goberno local, e a cargo de Aurora do Carballiño, Ramiro López e Nadela.