Non é un milagre, pero paréceo: o método de Lugo para incrementar as licenzas urbanísticas

Nos sete primeiros meses deste ano concedéronse 279, máis que en todo o 2024, grazas á incorporación de persoal na área de Urbanismo, á axilización de trámites e a unha mellor comunicación co sector da construción

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, analizou as melloras experimentadas pola área de Urbanismo nos últimos meses
00:00
Concello de Lugo

Miguel Fernández, alcalde de Lugo, explica as razóns que melloraron a tramitación de licenzas urbanísticas na cidade

Baruk Domínguez

Lugo - Publicado el

2 min lectura0:57 min escucha

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o concelleiro de Urbanismo, Jorge Bustos, fixeron balance da actividade desenvolvida desde xaneiro ao pasado 31 de xullo por esta área municipal, destacando que neste período o Concello de Lugo concedeu 279 licencias urbanísticas por un valor de máis de 55 millóns de euros, o que supón 23 licencias máis que en todo o 2024. 

Nestes sete meses autorizáronse, entre outras xestións, 155 novas vivendas en edificios, 110 reformas e rehabilitacións e 14 construccións para vivendas unifamiliares no municipio, o que, a xuízo do alcalde, "supón incrementar o bo ritmo do pasado exercicio, no que se concederon un total de 256 licencias"

"Ata o de agora xa levamos 279 tramitadas polo que creo que estamos nunha moi boa dinámica, cunha maior axilidade, para seguir avanzando no desenvolvemento urbanístico da nosa cidade", relatou Miguel Fernández

INCORPORACIÓN DE PERSOAL

A este respecto, o concelleiro de Urbanismo, Jorge Bustos, falou da "importante labor que están levando a cabo os técnicos deste departamento, o novo persoal incorporado a esta Concellería no último ano e medio, e que están a ser claves nos cambios experimentados na área de Urbanismo así como tamén nunha mellor atención ás demandas non só dos cidadáns senón tamén dos promotores dedicados a obra pública, edificación privada e rehabilitación, cos que estamos a manter reunións periódicas a través da Asociación Provincial de Empresarios da Construción, a APEC"

Ademais das 279 licencias concedidas entre xaneiro e xullo deste ano, desde o departamento de Urbanismo tramitáronse 925 comunicacións previas, fronte ás 1.821 rexistradas ao longo de todo o ano pasado

AXILIZACiÓN DE TRÁMITES

Dende o Concello de Lugo tamén destacan os cambios introducidos xa hai máis dun ano e medio nas modificacións na tramitación, que permiten axilizar e simplificar moito os procedementos, como é o caso das licencias de obra menor de ata 300.000 euros que desde finais de febreiro de 2024 se resolven sen ir á Xunta de Goberno Local. 

"Estas xestións agora máis áxiles e con procedementos de maior seguridade xurídica están a permitir tamén un moi bo ritmo noutro tipo de dilixencias", sinalou Jorge Bustos

De feito, o concelleiro explicou que "ao longo destes sete meses houbo esas 925 comunicacións previas de obra menor, pero tamén outro tipo de actividades como as 107 comunicacións por apertura de locais ou modificacións de negocios; 14 declaracións responsables por, principalmente, apertura de establecementos de hostalería; 111 cambios de titularidade e 12 procedementos de control posterior". e lembrou, ademais,  que "neste período houbo 80 comunicacións de obra que foron resoltas como licencias, por tratarse de intervencións en inmobles catalogados".

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00 H | 04 NOV 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking