'O que non arde': activan en Lugo axudas para fomentar a gandaría extensiva como medida de prevención ante os incendios

A Deputación Provincial triplicou o orzamento da última edición deste programa da área de Medio Rural cunha dotación 385.000 euros

O que non arde
00:00
Deputación de Lugo

Este programa de fomento da gandaría extensiva depende da área que coordina o deputado nacionalista Daniel García

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

3 min lectura0:47 min escucha

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria de axudas á gandería extensiva “O que non arde. O prazo para presentar as correspondentes solicitudes vai do 2 ao 29 de setembro. O programa, que conta cun orzamento de 385.000 euros -o triplo que na última edición-, vai dirixido a ganderías de gando cabalar, ovino, cabrún e porcino, que poden solicitar estas achegas para financiar investimentos e gastos relacionados co manexo e a alimentación do gando en extensivo.

  • Concretamente, contempláse a subvención da compra de pastores eléctricos e accesorios para o seu funcionamento como baterías ou placas fotovoltaicas; a adquisición e o mantemento de valados móbiles de malla electrificada, de valados fixos electrificados, de colares intelixentes para a monitorización da actividade animal, de refuxios, de pasos canadenses e doutros elementos para silvopastoreo, como cepos, curros, mangas, comedeiros e bebedeiros ou pasos canadenses.
  • Ademais, as ganderías poderán financiar gastos complementarios como rozas puntuais para a instalación de sistemas de protección ou a suscrición a aplicacións de monitarización intelixente.

achegas por un máximo de 12.000 euros

As axudas, en réxime de concorrencia competitiva, poderán chegar a un máximo de 6.000 euros ou 12.000, no caso de solicitudes que inclúan pasos canadenses ou colares intelixentes. 

Na valoración das solicitudes serán aplicados os criterios establecidos nas bases, explica a Deputación de Lugo nun comunicado, que priman o silvopastoreo con animais de razas autóctonas, a condición de explotación prioritaria no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REGA), a ubicación dalgunha das parcelas nas que se desenvolve a actividade en zona de montaña, a pertenza a asociacións de produtores gandeiros ou a titularidade feminina das ganderías, entre outros criterios.

"Seguimos reforzando un programa que se puxo en marcha en 2020 para contribuír ao aproveitamento e á xestión integral do monte e que se consolidou nestes anos como un instrumento de apoio á gandería extensiva, un modelo produtivo que fixa poboación no territorio, que conserva o medio natural e que, como se demostrou unha vez máis na tráxica vaga de incendios deste verán, actúa como barreira eficaz contra os lumes”, dixo deputado Daniel García.

O responsable provincial detallou que “o programa foi incorporando medidas demandadas por ganderías e por colectivos e profesionais que traballan no rural, tratando de proporcionar un apoio efectivo e real a quen están día a día no territorio”. Nesa liña, explicou que a ampliación de orzamento permite abrir a convocatoria ás ganderías de cabalar, animais moi eficaces na redución de biomasa, e colaborar no financiamento de elementos custosos como os colares intelixentes, que utilizan a tecnoloxía para facilitar o control do gando no monte

As bases da convocatoria e os modelos de solicitude están dispoñibles na web da Deputación de Lugo, no apartado Medio Rural>Subvencións Concorrencia Competitiva>O que non arde.

A gandaría extensiva preséntase como unha alternativa para prever os incendios forestais

Arquivo COPE Lugo

A gandaría extensiva preséntase como unha alternativa para prever os incendios forestais

Nova edición dun programa pioneiro

A área de Rural puxo en marcha o programa “O que non arde´” en 2020, cunha primeira edición centrada na xestión do monte, na que se financiou a roza e limpeza das faixas laterais da rede viaria municipal, así como para o mantemento da rede de faixas de xestión de biomasa coa plantación de especies arbóreas autóctonas.

No 2021, a convocatoria orientouse ao fomento do pastoreo preventivo por parte das comunidades de montes veciñais en man común, implicando a comuneiros e comuneiras no mantemento e limpeza das faixas de protección contra os lumes. Beneficiáronse da convocatoria 18 comuneiros a título particular e 7 CMVMC, de Castroverde, Sarria, Ourol, Abadín, Friol, Mondoñedo, Viveiro.

Nas tres últimas edicións, 2022,2023 e 2024, as axudas orientáronse a gandería de cabrún, ovino e porcino, apoiando o desenvolvemento desta actividade con financiamento para investimentos necesarios para o manexo do gando en extensivo. Concedéronse 80 axudas a ganderías das distintas comarcas.

Efrén Castro presentó el programa 'O que non arde'

Diputación

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, durante a presentación do programa 'O que non arde'

Tendo en conta a contía orzamentada para a convocatoria deste ano, a área de Rural suma un total de 745.000 euros destinados ao programa “O que non arde”, que conta con recoñecemento de diferentes entidades e foros estatais -WWF Adena ou Territorios Pastoreados- como iniciativa institucional de apoio á gandería extensiva.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

4:00H | 24 FEB 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking