Nace 'Folcast': unha serie sonora para lembrar ás cantareiras e a tradición oral na provincia de Lugo

Trátase dunha iniciativa da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o primeiro episodio, que xa está dispoñible na plataforma Spotify, está dedicado a Concha Casal Eiriz, de Chantada

Homenaxe a Concha de Agrade
00:00
Ramudo

O primeiro episodio desta serie sonora está dedicado a unha cantareira de Chantada: Concha de Agrade

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

A Deputación de Lugo ven de lanzar o primeiro episodio de 'Folcast', unha serie de podcast sobre a a oralidade a música tradicional nesta provincia, con especial atención ás cantareiras que a mantiveron viva. Ese capítulo inicial xa está dispoñible na plataforma Spotify e está dedicado a Concha Casal Eiriz, de Chantada.

Tras a súa estrea o pasado domingo en A Grade, en Chantada, a Vicepesidencia da Deputación de Lugo pon a disposición de todo o público o primeiro episodio da serie de podcast 'Folcast'.

Este capítulo ten como protagonista á cantareira Concha Casal Eiriz, Concha de Agrade, veciña desa parroquia chantadina, que foi unha das informantes Dorothé Shubarth para a elaboración do Cancioneiro Popular Galego.

Presentación do primeiro episodio da serie 'Folcast' en Chantada

Cedida

Presentación do primeiro episodio da serie 'Folcast' en Chantada

participa o seu fillo

  • A peza sonora conta coa participación do seu fillo, Suso do Rei; da interprete e investigadora Alba María, da técnico do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo Pobo Galego Isabel Vigo e da etnomusicóloga Xulia Feixóo. Tamén coas achegas musicais de Pedro García de Pan Sen Fron, de Antía Vázquez de Alana e da poeta Noa Moreira.

Trátase do primeiro de dez episodios que percorrerán as distintas comarcas da provincia atendendo ás particularidades da oralidade existentes en cada lugar, mantendo unha estrutura baseada en entrevistas para ofrecer unha ollada plural e entendendo o coñecemento como unha construción colectiva.

O episodio está dispoñible no perfil de 'Folcast' en Spotify, ao que se pode acceder tamén desde o perfil de Instagram @folcast_radio, onde tamén se irán subindo outros contidos, segundo informa a Deputación de Lugo.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 21 MAY 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking