Lugo rexistra o refacho de vento máis forte e o maior volume de precipitacións en Galicia: 100 quilómetros por hora no Courel e 20 litros por metro cadrado nos Ancares

Coa chegada de Ivo mantense a alerta laranxa no litoral a causa da situación do mar e o nivel amarelo na Montaña pola previsión de neve por riba dos 900 metros, o que está a condicionar a circulación nas estradas do Cebreiro

Nieve en Muradal
00:00
Ramudo

No Courel rexistrouse o refacho de vento máis forte e nos Ancares acumulouse o maior volume de precipitacións

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O inverno non nos da tregua este ano na provincia de Lugo. Xa está aquí Ivo. Continúa chovendo con forza por momentos. O río Miño vai absolutamente desbordado ao seu paso pola capital da provincia e o tránsito peonil é imposible no tramo do Paseo do Miño entre o Balneario e o antigo restaurante O Muiño, dado que o camiño está sumerxido baixo as augas. 

Tamén hai varias estradas asolagadas na comarca da Terra Chá, onde o paso é totalmente imposible, e hai neve na Montaña, que está a condicionar a circulación do tráfico rodado.

De feito, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) informou da prohibición de circulación para camións e vehículos artículados na estrada LU-633 entre o km 0, en Pedrafita, e o km 20 no Queixadoiro, debido á neve, na zona do Alto do Poio.

Na mesma zona, continúan transitables a Nacional 6 (N-6) e a Autovía do Noroeste (A-6), aínda que a meteoroloxía adversa obriga a circular con precaución.

Deste xeito, a DXT pediu especial atención na A-6 entre os quilómetros 429 (O Castro, León) e 440 (Doncos, Lugo); igualmente, mantense o nivel verde, transitable con precaución na N-6, entre os quilómetros 432 (O Castro, León) e 438 (A Pía, Lugo).

VENTO E PRECIPITACIÓNS NA MONTAÑA

O refacho máis forte de vento en Galicia nas últimas horas quedou rexistrado no Courel, 102 quilómetros por hora. O vento sigue soprando con forza, pero nada que ver en todo caso cos case 170 quilómetros por hora rexistrados onte en Viveiro.

En canto ás choivas, tamén temos o valor máximo de Galicia na nosa provincia. Nos Ancares caeron 20,4 litros por metro cadrado nas últimas horas, concretamente no concello de Cervantes

Por certo, mantense a alerta laranxa no litoral polo vento e ondas que poden superar os sete metros de altura. Tamén se mantén a alerta amarela na Montaña, neste caso pola neve.

A neve seguía presente este xoves en Negueira de Muñiz

Cedida

A neve seguía presente este xoves en Negueira de Muñiz, no Carballín, preto do alto de Pedras Apañadas

CONTINÚA O FRÍO...

En todo caso, parece que nas últimas horas en boa parte da Montaña de Lugo choveu máis que nevou e o pode circularse sen maiores problemas, agás en casos concretos, por case toda a rede viaria principal. En todo caso, as autoridades piden prudencia aos condutores, especialmente na rede secundaria.

Para hoxe agardamos máis do mesmo. Precipitacións intermitentes, vento e frío. A temperatura mínima baixou hoxe ata os 4ºC e a máxima non pasará de 9ºC nesta xornada en Lugo capital. A cota de neve segue estando en 900 metros na Montaña.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

11:00H | 02 ABR 2025 | BOLETÍN