Lugo exporá de xeito permanente un dos seus tesouros da época romana

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou a adxudicación do contrato para renovar a sala de numismática do Museo Provincial de Lugo, que exporá de forma permanente o 'Sestercio da caetra', cun investimento de 83.000 euros e un prazo de execución de tres meses

Numismática
00:00
Ramudo

A deputada Iria Castro informou da adxudicación da renovación da sala de numismática do Museo de Lugo, que exporá de forma permanente o sestercio da caetra

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el - Actualizado

2 min lectura0:49 min escucha

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a adxudicación do contrato de renovación da Sección de Numismática e Medallística do Museo Provincial de Lugo -Sala 10- para expoñer de forma permanente o 'Sestercio da caetra' e mellorar a protección, conservación e comunicación das outras pezas xa en exposición nese espazo, situado no primeiro andar. A intervención adxudicouse por 83.000 euros e cun prazo de execución de tres meses.

A deputada de Cultura, Iria Castro, explicou que “coa execución deste proxecto de renovación culminará o traballo desenvolvido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para adquirir e incorporar ao patrimonio público o 'Sestercio da caetra', unha peza de grande valor histórico e simbólico para Lugo xa que a súa cuñación esta ligada á orixe da cidade”.

Subliñou que “a actuación revalorizará a colección numismática do Museo Provincial do Lugo, que se atopa entre as máis importante do Estado, cunha perspectiva inclusiva que tratamos de incorporar a todas as actuacións e actividades que se desenvolven nos museos provinciais

A sala reorganizarase arredor do 'Sestercio da caetra', moeda adquirida en agosto de 2023 pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Contará cunha nova museografía, que reforzará o carácter didáctico do espazo expositivo, con imaxes e elementos gráficos sobre a relevancia das moedas desde o punto de vista histórico.

  • A intervención contempla a renovación das vitrinas, da iluminación e da sinaléctica así como a instalación de pantallas interactivas para proxectar imaxes 3D das moedas máis senlleiras para ofrecer unha experiencia inmersiva. 
  • Ademais, para enriquecer a experiencia das persoas visitante e fomentar a interacción coa colección, instalarase unha estación táctil e unha máquina expendedora de moedas, que permitirá crear réplicas personalizadas. 
Museo Provincial de Lugo

Archivo Cope

Museo Provincial de Lugo

 O sestercio da caetra  

O 'Sestercio da caetra ou Sestercio de Augusto' é unha peza de bronce, de 38.07 gramos, coa cabeza de Augusto no anverso, e o escudo da caetra -escudo dos galacios presente nas esculturas de guerreiros atopadas en Galiza e no norte de Portugal- , no reverso. 

A súa cuñación atribúese a un taller móbil do campamento militar que deu orixe á cidade de Lugo, no século I a.C..

A moeda, declarada BIC en 2022, permanecía en mans dun coleccionista privado ata a súa adquisición por parte da Vicepresidencia da Deputación de Lugo en agosto de 2023.

Así, xunto ao 'Sestercio da Caetra', a Vicepresidencia da Deputación de Lugo adquiriu en agosto de 2023 un lote de seis moedas -dúas suevas e catro visigodas- de baixa emisión, que amplían e completan a colección, unha das máis importantes do Estado, cunhas 10.000 moedas e medallas de distintas etapas históricas.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00 H | 13 NOV 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking