Imaxinación, talento e humor: o bo tempo axudou a montar festa no casco histórico de Lugo coa celebración do Entroido

A Praza Maior da cidade foi o escenario un ano máis do tradicional concurso de disfraces e comparsas, que repartiu 7.000 euros en premios, seguido por centos de personas 

Cuerda para Rato

Ramudo

Cuerda para Rato

José Luis Ramudo

Lugo - Publicado el

2 min lectura

Está a piques de rematar o Entroido. Despois de moitas semanas de chubascos persistentes, a tarde deunos a todos unha tregua e a xente saiu a rúa para celebrar por todo o alto esta festa tan popular. Había gañas. Hai que destacar o ambiente e o derroche de inxenio e boa onda en varias localidades da Mariña e, por suposto, tamén en Monforte de Lemos, onde as comparsas encheron de cores e animación as rúas da cidade

En Lugo, un ano máis, coincidindo co martes de Entroido, celebrouse o tradicional concurso de disfraces de adultos organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. Pode que a capital luguesa non sexa a cidade con maior tradición carnavaleira, pero o desfile foi seguido por centos de persoas na Praza Maior e os concursantes non desmereceron para nada o interese. 

De feito, houbo momentos nos que o desfile, moi animado con celebradas coreografías, convertiuse nunha auténtica festa. Os participantes demostraron imaxinación e talento con disfraces elaborados e bailes moi ensaiados.  Durante a deliberación do xurado, formado por José Manuel Núñez Blázquez (artista multidisciplinar, director de Ágora Cultural), Fernando Rodríguez Fernández (participante en numerosas edicións do concurso de entroido) e Raquel de Ana Rodríguez (profesora representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón), a veciñanza presente puido desfrutar da animación de Carta de Ajuste

concurso individual

O concurso comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron 13 persoas. Nesta categoría repartíronse os seguintes premios:

1º premio (500€): Reciclator

Recicleitor apareceu cunha impresionante armadura feita con latas de refrescos

Ramudo

Recicleitor apareceu cunha impresionante armadura feita con latas de refrescos

2º premio (300€): Fábrica de Chocolate

3º premio (200€): O capitán pateiro librouse do caldeiro

Accésit (50€): Torre Eiffel

Accésit (50€): Salta Pequeño Canguro

Accésit (50€): Busco a otro mundo

parellas

Na categoría de disfraces por parellas, que contou con 12 participantes, repartíronse os seguintes premios:

1º premio (600€): Vento en Popa a toda Vela

Vento en Popa a toda Vela
00:00
Ramudo

Vento en Popa a toda Vela

2º premio (400€): África con aromas de café

3º premio (300€): Colorín colorado, Tiana e o sapo cos ovos acabaron

Accésit (100€): Los Guardianes del Bosque

Accésit (100€): Vivir como Dios manda

Accésit (100€): Fregonas Rabudas

Accésit (100€): Do Lixo ao Luxo

Accésit (100€): O Ourizo do Souto Sagrado

comparsas

O desfile rematou co paseo das comparsas. Ducias adultos e nenos e nenas participaron nesta categoría que resultou por momentos moi espectacular. Os premios repartíronse do seguinte xeito:

1º premio (1.100€): Os edro de jarana na sabana

Os

Cedida

Os Edro de jarana na sabana

2º premio (800€): Cuerda para rato

3º premio (600€): Funko Fest

Funko Fest
00:00
Ramudo

Funko Fest

Accésit (200€): Oficios Antigos

Accésit (200€): Mario Party

Accésit (200€): Retratando Vidas

Accésit (200€): Ata o infinito e máis alá

Accésit (200€): De que vamos

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

4:00H | 19 MAR 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking