Feira do Emprendemento Infantil en Lugo: os nenos toman a Praza Maior

Este sábado celebrarase unha cita moi especial para os máis pequenos, onde 16 miniempresas, formadas por pícaros de entre 8 e 12 anos, amosarán o seu talento e iniciativas

Ramón García/ Profesor y pedagogo
00:00
Chema Núñez

A Feira do Emprendemento Infantil en Lugo celébrase este sábado 24 de maio

Chema Núñez

Lugo - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Un evento cheo de ilusión e aprendizaxe. Ramón García é o promotor desta iniciativa que conta coa participación de arredor de 32 ou 33 nenos acompañados polos seus pais e nais, así como a presenza de 7 ou 8 formadores de tempo libre. 

Os pequenos emprendedores levan varias semanas traballando con moita ilusión e participaron en diversos encontros online con as súas familias para preparar con mimo todo o evento.

Esta tarde, neste día soleado, algúns nenos que mañá porán o seu estand na Praza Maior están a practicar o seu último ensaio antes da xornada da feira. Mañá expoñerán e mesmo venderán os produtos froito da súa invención.

Familias con nenos e nenas no seu gran ensaio antes da feira de mañá

Cedida

Familias con nenos e nenas no seu gran ensaio antes da feira de mañá

Este sábado, ademais, o tempo acompañará con bo ceo e sol. Haberá música, xogos populares e unha ambientación especial para que tanto nenos como visitantes poidan gozar dunha xornada única na Praza Maior de Lugo.

1ª Feira do Emprendemento Infantil de Lugo

Cedida

1ª Feira do Emprendemento Infantil de Lugo

A Feira do Emprendemento Infantil está organizada pola Escola de Tempo Libre Bulideira, con sede en Lugo, en colaboración coa plataforma Barafunda Animación, de Vigo.

Ramón García e o seu equipo agardan que, se esta primeira edición resulta exitosa, poidan levar o proxecto a outras localidades galegas para fomentar o emprendemento entre a rapazada a nivel rexional.

Temas relacionados

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Programas

Últimos audios

Último boletín

05:00H | 25 MAY 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking