Espectacular xornada de emprendemento infantil en Lugo: éxito de público, creatividade e confraternidade
A 1ª Feira de Emprendemento Infantil en Lugo converteuse nun éxito rotundo con centos de persoas que disfrutaron da creatividade dos nenos e nenas que amosaron as súas pezas únicas nunha xornada chea de confraternidade e talento

Gran éxito da 1ª Feira de Emprendemento Infantil en Lugo
Lugo - Publicado el - Actualizado
3 min lectura
Onte, sábado, celebrouse a 1ª Feira de Emprendemento Infantil, un evento que se propón como un xermolo para o futuro das novas xeracións. A cita tivo lugar no corazón da Praza Maior de Lugo, onde 16 postos, xestionados por nenos e nenas de 8 a 12 anos, ofreceron produtos feitos a man con moita dedicación e ilusión. Estes pequenos emprendedores demostraron ser tan capaces como calquera vendedor no mercado, e o público puido adquirir creacións únicas a prezos moi accesibles, favorecendo unha reflexión importante: non só se trata de ser funcionario ou depender do sector público, senón tamén de ser libres e independentes, capaces de levar adiante a súa propia profesión.

Nenos vendendo a súa producción
O que se podía atopar nesta feira eran xoias, velas, xogos, marcapáxinas, chapas, figuras de resina, debuxos feitos ao forno, bolsas decoradas e pinturas orixinais creadas polos propios nenos. Cada stand era unha pequena mostra do traballo e a creatividade que se esconden detrás de cada un destes futuros emprendedores. O evento converteuse nun punto de encontro onde se evidenciou a paixón e a ilusión dos rapaces por mostrar as súas obras, agradecendo ao público que se achegase e comprase os seus produtos.
Moitas persoas se sorprenderon ao topar de xeito espontáneo o mercado, entre elas familiares, amigos, e mesmo representantes da vida pública. O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a lider do Partido Popular, Elena Candia, foron algúns dos que se achegaron para apoiar a iniciativa e comprobar de primeira man como as novas xeracións se preparan para o futuro. O alcalde tamén aproveitou a ocasión para interactuar cos nenos e, en algúns casos, recoller suxestións ou queixas que se comprometeu a atender.
O alcalde, de visita nos postos, amosou o seu apoio ao talento infantil

O alcalde de Lugo, comprou e comprometeuse
Miguel Fernández, que fixo un percorrido completo do evento, amosou o seu apoio comprando nos postos e destacando a capacidade dos nenos para controlar cada etapa do proceso: desde a fabricación das pezas ata o cálculo do beneficio. O máximo responsable municipal tamén estivo atento ás suxestións dos pequenos e comprometeuse a tomar en conta as súas propostas. "É un pracer ver como as futuras xeracións xa se preocupan pola súa capacidade de crear e xestionar. Este tipo de iniciativas son fundamentais para o seu crecemento", afirmou Fernández.
Elena Candia quedou impresionada polo talento dos pequenos

Elena Candia alucinou coa calidade do traballo dos nenos e nenas
Pola súa parte, Elena Candia, presidenta do Partido Popular de Lugo, tamén se achegou á feira e quedou sorprendida pola calidade dos produtos feitos polos nenos. “Non hai diferenza entre estas pezas e as de profesionais no mundo da orfebrería ou outras disciplinas. Estes nenos están demostrando que teñen un gran futuro por diante”, asegurou. Durante a súa visita, Candia tamén recibiu suxestións dos pequenos para mellorar a cidade, asegurando que “xa me fixeron o programa”.
A organización, un éxito total

Ramón García: Profesor, pedagogo e fundador de Bolideira
A xornada non só foi un éxito grazas ao talento dos rapaces, senón tamén pola impecable organización levada a cabo por Ramón García, alma mater da Escola de Tempo Libre Bulideira, xunto co apoio de Barafunda Animación de Vigo e os pais e nais dos nenos. Esta colaboración creou un ambiente familiar e de compañeirismo, facendo que a xornada fose moi especial para todos os implicados. Aínda que se están a realizar os cálculos finais dos ingresos, as vendas e os beneficios, un 30% do que se recadou destinarase á Asociación Española Contra o Cáncer.

A 1º Feira de Emprendemento Ifantil de Lugo, un gran equipo
O evento foi unha gran lección de emprendemento, solidariedade e cooperación, e un paso adiante para que os nenos comecen a ver o futuro con máis oportunidades e un enfoque máis autónomo.