Os cantos de taberna voltan a Outeiro de Rei (Lugo) con moita festa e tradición
A segunda edición celebrarase o sábado 24 de maio con música popular en directo, pinchos e moito ambiente polos bares do concello

Manuel Álvarez: Músico de Son Outeiro
Lugo - Publicado el - Actualizado
1 min lectura
Outeiro de Rei prepárase para vivir unha nova xornada de música e tradición coa segunda edición dos Cantos de Taberna, unha iniciativa organizada polo grupo Son Outeiro coa colaboración do Concello e varios establecementos hostaleiros da vila. A cita será o sábado 24 de maio e reunirá grupos chegados de distintos puntos da provincia.
Música, pinchos e tradición
Participarán Leña Verde (de Pol), Os D’Aquí (de Meira), Son Outeiro (de Outeiro de Rei), Os Xílgaros (de Lugo), a Asociación Cultural de Vilalba e Árdelle o Eixo (de Sancovade). Todos eles percorrerán os bares da vila animando a xornada con cantigas populares e o mellor ambiente tabernario.

II Edición de Cantos de Taberna en Outeiro de Rei
Ademais da música, os grupos participantes poderán repoñer forzas cos pinchos e convidadas que ofrecerán os locais colaboradores ao remate das actuacións. Entre os bares implicados están o Restaurante González, a Panadería Ousá, a Área de Servizo 507, o Café Bar Pozo, o Café Bar Habana e a Parrillada As Peñas.

Manuel Álvarez: Frente a la puerta del "22" en Rábade
“Xa o ano pasado houbo moito seguimento e mesmo espontáneos que nos acompañaban de bar en bar cantando as cancións”, comenta Manuel Álvarez, membro do grupo organizador Son Outeiro. Desta volta, tamén se anima ao público a participar cantando e vivindo a festa coma un máis, xa que todas as pezas serán tradicionais e ben coñecidas pola xente.