45ª Edición da Romaxe de Penas de Rodas: Tradición e festa ao aire libre

Este domingo 29 de xuño celébrase a 45ª edición dunha romaxe moi tradicional organizada pola Asociación Penas de Rodas, unha cita que une xeracións e mantén viva a esencia dun evento cheo de historia e misterio sobre a orixe das penas que lle dan nome

45ª edición dunha romaxe moi tradicional organizada pola Asociación Penas de Rodas
00:00
Chema Núñez

45ª Edición da Romaxe de Penas de Rodas: Tradición e festa ao aire libre

Chema Núñez

Lugo - Publicado el

2 min lectura

Unha romaxe con raíces e segredos por descubrir: A romaxe de Penas de Rodas é un acto que une xeracións moi diferentes, desde os que creron ou crearon esta tradición ata os que aínda intentan desvelar o seu segredo. Algúns consideran que as penas teñen algo de sagrado, outros que o verdadeiro significado aínda está por descubrir. Ana Parga, membro da asociación, recoñece que a forza da tradición inflúe á hora de organizar cada ano o programa para non perder a esencia desta festa.

Preparativos e ambiente familiar desde o sábado

45ª Romaxe de Penas de Rodas (Outeiro de Rei)

Cedida

45ª Romaxe de Penas de Rodas (Outeiro de Rei)

Xa o sábado comezan os preparativos coa adxudicación das parcelas para veciños e visitantes que instalan autocaravanas, tendas de campaña ou carpas para protexerse do sol ou da choiva. Familias de Gaioso e parroquias próximas como Uriz, Candai, Rábade ou Donalbai, Lugo e outras, montan os seus tenderetes e sempre acollen a quen chega con comida e bebida. Sexa a pé, en bici, a cabalo, moto ou coche, hai servizo de bar con empanadas, lacón asado e larpeira. Para pedidos especiais, a panadería Pan do Manuel atende no 982 39 31 41 e para churrasco ou polvo, a Pulpería Roberto dispoñible tamén por chamada previa no 671 87 21 70.

Programa completo da festa para non perder detalle

O programa da 45ª Romaxe de Penas de Rodas comeza ás 11:00 co partido de fútbol no Campo de Fútbol O Penedo e simultaneamente coa ruta de sendeirismo ao Miradoiro da Terra Chá con Guido Guía ás 12:00 inaugúrase a V Feira de Artesanía e Produtos da Terra, seguida do pregón ás 13:00 a cargo de Guido Álvarez (Guido Guía), para continuar ás 13:30 co vermú co Dúo Zafiro e ás 15:00 o xantar campestre; pola tarde ás 16:30 haberá xogos populares para nenos e adultos, ás 17:30 actuación do Grupo de Teatro Penas de Rodas coa obra "Asasinato na tenda de roupa", ás 18:45 actuará o grupo Airiños de Orbazai subvencionado pola Deputación de Lugo dentro do programa Tradigalu e finalmente ás 20:15 pecharase a V Feira de Artesanía e Produtos da Terra coa entrega de trofeos e o sorteo de cestas. 

Area recreativa de Penas de Rodas de Gaioso (Outeiro de Rei)

Cedida

Area recreativa de Penas de Rodas de Gaioso (Outeiro de Rei)

Ana Parga, ademais de membro da asociación, pertence á casa de Bandelo e como voceira, en nome dos veciños de Gaioso e da propia asociación, invita a todos a participar e gozar dunha festa que cada ano reúne tradición, diversión e boa compañía.

Escucha en directo

En Directo COPE LUGO

COPE LUGO

En Directo COPE MÁS LUGO

COPE MÁS LUGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

05:00H | 26 JUN 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking