Vento, alerta vermella no mar e un edificio derrubado en Ferrol polo temporal Gerard

Máis de 200 incidencias en Galicia polo temporal Gerard

ctv-dgi-ferrol

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

O temporal Gerard deixa en Galicia ríos desbordados e varios centos de incidencias por toda a comunidade. O vento rexistrou picos de 160 kilómetros por hora na Serra do Xistral (Lugo) e superou os 100 km/h en puntos de Ortegal e da Costa da Morte.

As incidencias máis graves producíronse en Ferrol, cun edificio en ruinas que se veu abaixo na rúa Carlos III e unha árbore de grandes dimensións que caeu preto dun parque infantil.

O edificio estaba en moi mal estado e apuntalado. O vento arrincou as estructuras metálicas e unha parte acabou na calzada e danou varios coches que estaban estacionados.

Afortunadamente non se produciron feridos en ningún dos dous incidentes da cidade departamental.

00:00
Temporal de mar na cidade da Coruña

-

Na Coruña os parques están pechados por precaución e ambiente moi desapacible e o concello acondicionou no barrio de Os Mallos espazos para que poidan pasar a noite as persoas sen fogar.

Por toda Galicia producíronse emerxencias por caida de árbores na calzada e tamén postes da luz. Na comarca de Valdeorras, en Ourense, dúas aldeas quedaron incomunicadas pola caida dunha ponte que lles da acceso.

En Santiago os parques estaban pechados a primeira hora, pero a raíz da melloría desta noite xa se permite o paso.

En Ourense o río Miño baixa moi por riba do seu caudal normal. Están anegados varios pasos peonís entre a Ponte Romana e a Ponte do Milenio. Tamén se anegou a praia fluvial da Antena.

Nevadas por riba dos 300 metros de altitude a partir deste martes

Esta madrugada amainou algo o vento e as chuvias deron algo de tregua, pero o temporal segue con situación moi complicada no mar e con baixada xeneralizada das temperaturas.

Tanto a Axencia Estatal de Merereología (AEMET) coma Meteogalicia activan alerta vermella na Coruña por ondas que poden chegar a 9 metros.

Ademáis esta tarde agardamos nevadas en todo o interior de Galicia, por riba dos 300 metros de altitude. Suspendeuse o transporte escolar nas zonas máis altas, na provincia de Lugo.

Pode nevar non so nas comarcas habituais (no Cebreiro xa hai neve dende a fin de semana), senón tamén no Deza (Pontevedra), en todo o interior da provincia de Lugo y nas zonas máis altas da provincia da Coruña.

En Meteogalicia creen que las nevadas van a afectar a zonas por encima de los 500 metros por la tarde y a los 300 al final del día. Estas últimas horas xa nevou en zonas altas da provincia de Lugo. No Cebreiro, por exemplo, as árbores amenceron cubertas de folerpas.

O mércores a situación do tempo vai seguir sendo moi complicada, pero a alerta no mar rebáixase de vermella a laranxa. Tamén se poden manter as nevadas en puntos de interior.

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

04:00H | 23 JUN 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking