Publicada a 4ª edición da Biblia en galego

Trátase dunha revisión lingüística da primeira traducción directa feita ao galego dos textos sagrado en hebreo, grego e arameo e ten unha tirada de 4.000 exemplares

ctv-xsw-img 3598

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

4 min lectura

A Aula Magna do Instituto Teolóxico Compostelán, no Seminario Maior de San Martin Pinario en Santiago, acolleu a presentación da 4ª edición da Biblia en galego, unha actualización e revisión lingüística da primeira edición que fora publicada en 1979 pola Sociedade Estudos, Comunicacións e Traballos (SEPT) e que sae á venda con 4.000 exemplares, cubrindo así o valeiro deixado pola 3ª edición publicada en 2001 e que estaba esgotada dende hai cinco anos.

Unha nova edición que era "necesaria e reclamada", segundo puxeron de manifesto os asistentes ao acto de presentación desta obra entre os que se atopaban o presidente de SEPT, Francisco Domínguez, o deán da Catedral de Santiago e biblista supervisor da edición, Xosé Fernández Lago, o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e mais o arcebispo de Santiago, Julián Barrio. Aos que se lle sumaban no banco dos asistentes o Presidente da Real Academia galega, Víctor Freixanes, ou o Director Xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Todos eles agradeceron o traballo dos traductores, financiadores e de todos os que dalgún xeito teñen colaborado para que se faga posible a publicación desta nova edición cunha moi coidada encadernación, con tapas de cor vermello, e coa que, como aseguraba Monseñor Barrio, "o galego, que quere saber das cousas de Deus, poderá achegarse a este prodixio de cultura literaria e de ciencia divina, con familiaridade e agarimo", para concluir que "o Señor segue falando hoxe e quere facelo na lingua de cada quen".

ctv-r1d-img 3599

Unha defensa da traducción da Biblia á lingua galega que foi compartida polo resto de asistentes ao acto, como o Presidente de SEPT, Francisco Domínguez que lembrou os inicios da primera traducción ao galego "directamente das linguas orixinais, hebreo, grego e arameo" que se tomou aló polo 1972 no comité executivo da SEPT que se reuniu en Vigo e que estaba composto por grandes intelectuais como Alfonso Zuluetade Haz, Xaime Isla, Domingo Fernández del Riego, Xose Luis Fontenla Rodríguez ,"e quen vos fala", é dicir, o propio Francisco Domínguez.

Unha decisión que non se materializou ata anos despois, xa que non foi ata 1980 cando se concluiu a tradcción do Novo Testamento, quedando o Antigo Testamento para 1989. De feito, o propio Domínguez lembrou que foi co gallo da visita do Papa Juan Pablo II a Galicia en 1989 cando se lle agasallou cun dos exemplares desa primeira edición, que posteriomente foi mellorada e ampliada.

E que, en todos estes anos, ata a publicación desta cuarta edición da Biblia en galego, "conseguiu a dignidade imprescindible na súa edición, a traducción rigorosa e, ao mesmo tempo, a linguaxe próxima á fala do pobo, que a fai moi adecuada para o labor pastoral", segundo o propio Presidente do SEPT quen tivo tamén verbas de agradecemento para o biblista supervisor, Xosé Fernández Lago, quen non puido agochar a súa ledicia polo traballo feito todos estes anos, exclamando "Qué fermoso é escoitar a palabra de Deus na lingua e co agarimo co que escoitabamos a voz da nosa nai cado eramos nenos!".

Y é que, segundo recoñeceu emocionado o propio biblista supervisor, "cando o día 5 de xuño recibín o primeiro exemplar, acollín-o coa ledicia propia de que non tivo nunca un fillo, de feito que o considerei como se fora un neno meu, plétorico de vida".

ctv-2qv-img 3605

"POR QUÉ UNHA BIBLIA EN GALEGO? E, POR QUÉ NON?"

O que da boa conta da implicación de tódalas persoas que, dun xeito ou outro, estiveron envoltas nesta revisada versión da Biblia en galego "que non tería sido posible sen a implicación financeira da Xunta de Galicia", segundo recoñeceron os propios impulsores, agradecidos a esta colaboración na figura do Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez quen tras sinalar que a Biblia "é o libro mais importante da Historia, e se non só hai que mirar que foi o escollido por Guttemberg para estrear a súa imprenta", mostrouse confiado en que esta edición "conserve o éxito das precedentes", deixando para o final unha pregunta que foi a que case quedou como mellor expresión da vontade de moitísimas persoas, durante moitos anos, para sacar un traballo tan importante adiante.

Y é que, segundo recoñeceu o propio Roman Rodríguez, "á pregunta que algunhas persoas se fixeron no seu momento e que estou seguro que hoxe tamén moitas se fan de por qué unha Biblia en galego?, eu respondería cun, Por qué non?"

Un moi bo xeito de responder á galega e con rotundidade e de recoñecer todo o traballo feito ao longo de décadas por todas aquelas persoas que fixeron e fan posible que "a Voz de Deus agora tamén nos chegue na nosa lingua", segundo o propio arcebispo compostelán Julián Barrio que lembrou que "unha das principais achegas do Concilio Vaticano II foi o mandato de usar as linguas vernáculas para estender e achegar a Biblia por todo o mundo", estendendo a súa Mensaxe Universal.

Un obxectivo compartido por moitos homes e mulleres laicos, sacerdotes e relixiosas e relixiosos que participaron nun vídeo reproducido ao comezo do acto e no que non dubidaban en reclamar a Biblia en galego como mellor xeito de achegar a Mensaxe de Deus á lingua materna e de respectar así a herdanza recibida a través desta lingua propia de Galicia.

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

09:00 H | 03 ENE 2026 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking