Milleiros de cacharelas, sardiñas e herbas a remollo na noite de San Xoán de Galicia

O día de San Xoán é festivo en toda Galicia este 2022

ctv-qm0-sardinas-portada

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

2 min lectura

Galicia prepárase para celebrar a noite de San Xoán mais esperada dos últimos anos. Despois das restriccións que se aplicaron durante a pandemia do coronavirus, hai milleiros de cacharelas autorizadas en todo o país para celebrar unha festa que xa de por si adoita congregar moita xente.

En praias como as do Orzán e Riazor, na Coruña ou Nigrán, na ría de Vigo, os mozos collen sitio dende primeira hora deste xoves para poder celebrar a noite cos amigos. En Santiago as celebracións teñen lugar nas prazas do casco histórico e dos barrios (hai case 800 cacharelas autorizadas na capital galega).

A recuperación da festa de San Xoán ten tamén unha vertente económica importante. Nas peixerías véndense nos últimos días a sardiña como hai anos que non ocorría, e o mismo ocorre coa carne nas carnicerías. "Van 138 kilos de sardiña", conta Carlos no mercado de abastos de Santiago.

Antonio ten unha carnicería na nava do lado e tamén celebra que hai movemento que recorda ós tempos anteriores á pandemia. "Vendimos máis de 25 cabras", explica nos micrófonos de Cope.

Na capital galega vanse celebrar esta noite case 800 cacharelas. 32 delas púbicas e o resto solicitadas por particulares.

00:00
Comprobamos cómo vai a sardiña no mercado de abastos de Santiago

-

As Herbas de San Xoán

Outra das tradicións do San Xoán en Galicia é a de deixar a remollo as herbas de San Xoán toda a noite para lavar a cara coa auga á mañá seguinte.

En cada zona utilizan especies diferentes, pero hai sete que se consideran as principais: o hipérico (herba de San Xoán), o fiuncho, a herba luisa, o felgo macho, a xesta, a malva e o romero. Cóntao en Cope Galicia Silvia Domínguez Torrado, autora de "As Herbas de San Xoán", un ensaio sobre esa tradición que "mistura elementos paganos e cristiáns".

Noutras zonas utilízanse tamén sabugueiro, figueira ou pétalos de rosa silvestre.

00:00
As sete herbas de San Xoán, con Silvia Domínguez

-

A predición do tempo para esta tarde-noite en Galicia anuncia chuvias, máis probables canto máis nos achegamos á costa occidental da comunidade.

A Garda Civil de tráfico ten preparado un dispositivo de control estas vindeiras horas. "Hai moitas localidades nas que incluso hai festas patronais e o risco de accidente é maior", explica a Cope Héctor Teixeira, axente do sector de tráfico da Garda Civil.

Escucha en directo

En Directo COPE SANTIAGO

COPE SANTIAGO

La Linterna

La Linterna

Con Ángel Expósito

Lunes a viernes de 19:00h a 23:30h

Programas

Últimos audios

Último boletín

18:00H | 8 SEP 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking