Mediodía COPE Galicia 21/04/2023 De luns a vernes ás 13.05 horas

Co gallo de celebración este vindeiro 23 de abril do Día Internacional do Libro, a Rede Galega no Reino Unido Rega-UK organiza un roteiro por Londres visitando algúns dos lugares mais senlleiros polos que transcurre a novela Virtudes (e misterios) do escritor galego Xesús Fraga que nos conta nesta entrevista cómo foi o proceso de escritura "do traballo de toda unha vida, porque me levou 12 anos" no que tentou retrarar "a historia de traballo e sacrificio da emigración galega a través da miña aboa e dos meus pais", emigrados de Betanzos ao Reino Unido a mediados do século XX.
Un libro que levou a Xesús Fraga a obter o recoñecemento co Premio Nacional de Narrativa en 2021 e a que, hoxe en día, aínda siga recibindo testemuños "de moitos galegos emigrantes moi novos que levan no Reino Unido un, dous ou oito anos" e tamén "de emigrantes doutras partes de España como Asturias, Aragón ou País Vasco cotándome as experiencias das súas familias, porque a emigración é un fenómeno universal".
Escucha en directo
COPE SANTIAGO
Lo último
Programas


Programas-Tiempo de Juego
Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño
Sábados 13:00h-01:00h / Domingos 12:00h-01:30h


Últimos audios
Último boletín
4:00H | 20 ABR 2026 | BOLETÍN