Foz |

La Xunta ha contratado 75 personas a lo largo de este añoo en el ayuntamiento focense

La delegada territorial de la Xunta, Raquel Arias, visitó el proyecto “Pico do Castro”, un taller organizado en Foz, donde explicó que la Consellería de Trabajo y Bienestar invierte 177.668 euros y sirve para la formación en instalaciones y mantenimientos de zonas verdes y albañilería a 20 personas que estaban en paro. Arias señaló que el ejecutivo gallego impulsa “la contratación de cerca de 340 desempleados en la comarca de la Mariña, beneficiando a todos los ayuntamientos de la zzona” a través de los planes de cooperación y de los talleres.

cope.es cope.es

Tiempo de lectura: 2' Actualizado 07:23

A delegada territorial, Raquel Arias, visitou hoxe aos alumnos participantes no obradoiro de emprego Pico do Castro, que dende principios do presente mes se desenvolve en Foz, impulsado polo Concello desta localidade da Mariña. A delegada subliñou que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, financia “ao longo deste ano a contratación de 75 persoas desempregadas -entre alumnos-traballadores e monitores e persoal de administración- neste concello mediante o programa de cooperación e os obradoiros de emprego, como este do Pico do Castro, se estenderá ata finais de abril do ano 2014”. Así, froito do impulso da Xunta, ao igual que no municipio focense, “tódolos concellos  da comarca da Mariña, sen excepción, víronse beneficiados polos programas de fomento do emprego que promove a Administración autonómica”, destacou a representante do Executivo galego. Arias significou que, en conxunto, a actuación da Xunta neste ámbito “facilitou a contratación de preto de 340 desempregados só na comarca da Mariña”. Arias, que estivo acompañada polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, sinalou a necesidade de seguir sumando sinerxías que procuren a creación de postos de traballo a nivel local. Ao respecto, indicou que existen novos viveiros de emprego susceptibles de xerar postos de traballo e “os concellos xogan un importante papel para detectar e aproveitar estes nichos de emprego no seu ámbito”. A delegada explicou que a Consellería de Traballo e Benestar inviste preto de 178.000 euros (177.668 euros)  neste proxecto, no que 20 traballadores desempregados adquiren formación teórica e experiencia laboral nas especialidades de instalación e mantemento de zonas verdes e albanelería e realizan obras de interese social no concello. Os participantes do obradoiro levarán a cabo as seguintes obras: Restauración de espazos verdes na rúa Uxío Novoneyra Recuperación medioambiental da zona do Castro Mantemento das zonas arboradas do Bispo Santo e das árbores de varias rúas de Foz Acondicionamento dun local na rúa Xulia Minguillón para albergar aos colectivos sen ánimo de lucro do municipio Os obradoiros están dirixidos a persoas maiores de 18 e teñen unha duración de seis meses, durante os cales os alumnos traballadores perciben un salario e adquiren unha formación teórica e práctica orientada ás demandas reais do mercado laboral. Esta filosofía de “aprender traballando” permite ademais que os obradoiros realicen obras e servizos de interese para os concellos que os albergan, aspecto que tamén apuntou Arias durante a súa visita. “En xeral –afirmou- estes proxectos abren un importante espazo de colaboración cos concellos, que son os que mellor coñecen tanto o seu potencial como as súas necesidades”.

Lo más