• Lunes, 29 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | La Escuela Municipal de Música y Danza inicia el curso 2015/2016 con 320 alumnos y estrena nueva página web

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo ven de iniciar o curso 2015/2016 con máis de 320 alumnos e alumnas matriculados de entre 4 e 70 anos, unha cifra que continúa medrando con respecto aos cursos anteriores e que fai da EMMeD de Ribadeo o centro destas características con maior número de persoas matriculadas na comarca da Mariña e no occidente asturiano. O claustro docente da EMMeD de Ribadeo estará formado por 14 profesores e profesoras, un por cada unha das disciplinas que oferta o centro, o que garante que o alumnado disporá dunha “atención especializada en cada un dos instrumentos ou das materias que imparte a Escola”, segundo subliña o seu director, Hugo García. Entre as novidades deste novo curso está a entrada en funcionamento da nova páxina web do centro (http://escolademusicaedanza.ribadeo.org), punto de encontro na rede con toda a información sobre o seu funcionamento e as súas actividades. Hugo García Presno, director da EMMeD de Ribadeo, amosou a súa satisfacción “porque o número de persoas matriculadas continúa medrando ano tras ano, o que demostra que o traballo que facemos dende a Escola se está percibindo como positivo por parte do alumnado que repite e tamén polo conxunto da cidadanía, o que fai que novos alumnos e alumnas se animen a formar parte do centro”. E destacou que “tanto o proxecto educativo do centro, unha combinación de ensino teórico con moitas actividades prácticas, coma o plantel docente son as claves para entender o crecemento constante da Escola dende o mesmo momento da súa fundación da man de Hernán Naval”. A EMMeD de Ribadeo comeza este curso coa vontade de levar a cabo a súa programación de concertos tradicional, pero tamén coa intención de abrir novos espazos nos que actuar que permitan achegar o traballo feito na Escola a novos públicos. “Manteremos os festivais tradicionais de Santa Cecilia, Nadal, fin de curso, a charanga do Entroido, as audicións e os concertos didácticos, etc, pero tamén trataremos de levar o noso traballo ao Asilo ou ao Centro de Día, entre outros”, sinalou Hugo García. O director da EMMeD engadiu que “levamos máis de 20 anos mantendo vivo este proxecto, un centro activo no que se fomenta unha educación transversal, no que as alumnas e alumnos non só aprendan conceptos musicais teóricos senón que podan amosalos enriba do escenario, compartir experiencias con outras escolas, participar en actividades que vaian máis aló da música que axuden a integrar a igualdade, a solidariedade ou o traballo en común no día a día da EMMeD”. Hugo García agradeceu o apoio tanto do claustro da Escola como do Concello de Ribadeo: “é clave o apoio institucional, sobre todo en momentos de incertidume económica, para poder tirar para adiante o proxecto da Escola e a súa actividade e tamén é moi importante contar cun corpo de profesores e profesoras que crean no proxecto e que teñan vontade de tiralo para diante”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar