• Martes, 30 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | Ahora quieren saber cuanto cuesta enviar los folletos

El PSdeG preocupado por el congreso provincial del PP en Burela

El secretario general del PSOE en Burela, Ramiro Fernández, se apunta un tanto por conseguir del Gobierno Local que nadie acuda en representación de Burela a la Feria Internacional de Turismo; a pesar de no estar en contra de este tipo de promociones. Sobre el congreso de los populares la preocupación no es otra que la imagen que se puedan llevar de la localidad todos los asistentes al mismo.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

1º.- Que como di o refrán: "Rectificar é de sabios", e dicimos isto porque nos consta de que o Concello de Burela tiña pensado ter representación política na feira Fitur e unha vez desmentido polo Sr. Alcalde este extremo congratulámonos de que así sexa e da rectificación. Aclarar de todas formas que nós non estamos en contra de que o Concello puidera ter pensado acudir a esta feira, estamos en contra de ir nestes momentos nos que se lles quitou a axuda ós clubs deportivos, nos soben as taxas e impostos e nos recortan servizos, momentos nos que o Concello está a pedir ós veciños sacrificios que entendemos deben de ser correspondidos dende o equipo de goberno evitando gastos improductivos. 2º.- Pedimos ó goberno de Burela que nos diga cal é o custe que lle representa enviar os folletos informativos que fan e pagan os propios locais hostaleiros de Burela á citada feira. ¿Qué concepto pretendía cobrarlle o Concello ós hostaleiros de Burela?. 3º.- Aclarar que aínda que pense o contrario, ós socialistas de Burela si que nos preocupa o desenrolo do congreso provincial do PP a celebrar no noso pobo, xa que entendemos que os visitantes de Burela sexan do PP ou de outros partidos son xente que si levan unha boa impresión do noso pobo pode que volvan a visitarnos. Si ven o pobo nas condicións que ven estando ultimamente ó mellor o pensan. Nós non somos como o Sr. Barcia, entendemos a política de outro xeito, e entendemos que o que é bo para os veciños, é bo para nós. Esperemos que o Sr. Barcia aproveite este congreso para tratar temas tan importantes para o noso pobo como o acceso ó porto e a ampliación do Hospital da Costa que a día de hoxe están paralizados. 4º.- Para finalizar, e indo á crítica que facíamos na anterior nota de prensa pedímoslle ó Sr Barcia como máximo responsable do Concello que atenda ás nosas solicitudes e se poña dunha vez a gobernar e corrixa as deficiencias que denunciamos, case leva dous anos nos que os veciños de Burela lle deron a responsabilidade de gobernar o pobo e parece que aínda non se enterou. A oposición dende as pasadas eleccións toca que a faga o PSdG-PSOE de Burela e así o imos a facer, cumprindo coas nosas obrigas, cando vexamos que as cousas non se fan ben. Por iso denunciamos situacións que non nos parecen normais e pedimos ó equipo de goberno que as corrixa, se quere, polo ben dos veciños e veciñas de Burela.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar