• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

El presidente del PP, López Penabad, destacó el paso adelante dado por la Xunta para construir el emisario de la depuradora de Villaselán

El dirigente popular recuerda que la administración autonómica financia en su integridad esta obra, más de 600.000 euros, para el dar el último paso con una infraestructura que trae consigo una notable mejora ambiental. Lamenta con ironía, López Penabad, que el alcalde, Fernando Suárez, pierda un motivo más para quejarse de la Xunta y señala el esfuerzo inversor que el gobierno de Feijoo realiza en Ribadeo; sólo en lo tocante a actuaciones relacionadas con la EDAR supera los 19 millones de euros

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, salientou hoxe o importante paso adiante dado pola Xunta como consecuencia do próximo inicio das obras de construción do novo emisario da depuradora de Vilaselán. O dirixente popular explicou este é o último paso do compromiso da Xunta cunha infraestrutura que, ademais de prestar servizo aos veciños de Ribadeo, trae consigo unha notable mellora ambiental e blindará a protección do ecosistema acuático, xa que suporá o fin dos vertidos directos ao río das augas tratadas na EDAR. MÁIS DE 19 MILLÓNS DE EUROS López Penabad lembrou que esta nova infraestrutura estará financiada integramente pola Xunta e conta cun orzamento superior aos 600.000 euros, que se apoian nunha partida xa contemplada nos presupostos da Xunta para a anualidade en curso e que formaba parte das demandas formuladas desde o PP local. López Pebanad quixo agradecer ao Goberno galego este novo esforzo inversor que, segundo sinalou, volve a situar a Ribadeo como un dos puntos preferentes do apoio da Xunta. De feito tanto a posta en marcha da EDAR, como a súa explotación e agora a construción do emisario supuxeron unha millonaria achega do Goberno galego superior aos 19 millóns de euros. Desde o PP lamentan con ironía que o alcalde nacionalista teña un argumento menos para queixarse da Xunta e lembran que para Ribadeo xa supuxo un notable avance a posta en marcha da depuradora, inaugurada polo Presidente da Xunta en 2011.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo