Lugo |

La oferta de plazas en campamentos de verano de la Xunta ha crecido en casi un 15% en los dos últimos años

La delegada territorial, Raquel Arias, explicó que la presente campaña incorpora los turnos IMPLÍCA-T para mayores de 14 años que incluirán actividades de educación no formal y voluntariado. Arias avanzó que la Consellería de Trabajo y Bienestar ofertará 1.440 plazas en los campamentos y de 1.895 en el conjunto de la campaña de verano, además incluye campos de trabajo, actividades para mayores de 18 años y la oferta concertada.

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

3 min lectura

Arias explicou que “para poñer en marcha todas estas actividades, a Xunta investirá na provincia 583.000 euros, un financiamento que permitirá, ademais, a contratación de arredor de 250 persoas para as actividades de tempo libre e as tarefas de limpeza e  restauración nos campamentos”. A campaña de verán introduce como principal novidade o proxecto IMPLÍCA-T, unha nova programación en campamentos para os maiores de 14 anos. No seu conxunto, apuntou a delegada, “os nenos e a mocidade lucense terán acceso a 8.500 prazas en 19 albergues e campamentos da xeografía galega, e tamén poderán optar a prazas noutras comunidades autónomas como País Vasco, Castela e León, Estremadura e A Rioxa; os campos de traballo ofrecen incluso a posibilidade de trasladarse a outros países”. A duración das quendas, que terán lugar entre xullo e agosto, variará en función da idade dos participantes e das características dos campamentos, e oscilará entre os 8 e os 12 días. Polo que respecta á oferta propia da provincia de Lugo, as 1.440 prazas dos campamentos estarán distribuídas entre o albergue xuvenil Area, de Viveiro; o albergue xuvenil Benigno Quiroga, de Portomarín; o campamento xuvenil da Devesa, en Ribadeo; o de Os Chacotes, en Palas de Rei; o poboado dos Peares, en Carballedo, e a residencia xuvenil Lug II, na capital. Por primeira vez, porase en marcha nos campamentos o proxecto IMPLÍCA-T para mozos entre 14 e 17 anos. Neles, ademais das tradicionais actividades de ocio e tempo libre, os participantes contarán con outras accións como a participación na conservación de espazos, a colaboración na sensibilización contra os incendios forestais ou dinamización do camiño. Deste xeito, a través da educación non formal que proporcionan o voluntariado e a participación, adquirirán e desenvolverán valores como o compromiso, a responsabilidade, a iniciativa ou o traballo en equipo. Pola súa banda, os máis novos, de entre 9 e 13 anos, poderán participar en campamentos de temáticas moi diversas como aqueles de carácter náutico, de expresión cultural ou de multiaventura. Dentro das actividades para maiores de 18 anos, o centro da Xunta Lug II albergará na primeira quincena de xullo aos participantes do programa “Conecta con Galicia”, unha iniciativa de convivencia entre participantes galegos e participantes da Galicia exterior. Como todos os anos, a consellería de Traballo e Benestar colabora coa Secretaría Xeral de Emigración para facilitar a participación de descendentes de emigrantes galegos, e reservaranse prazas para colectivos específicos que serán xestionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade, a de Política Social e a Dirección Xeral de Familia e Inclusión. Todos os campamentos serán en réxime de manutención en pensión completa e contemplan o material necesario para cada actividade. O prazo de inscrición estará aberto ata o 8 de abril. Entre todas as solicitudes, realizarase un sorte público ante notario. A Xunta publica tamén a oferta concertada. A través desta fórmula, Xuventude pon as súas instalacións a disposición de concellos, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas e outros colectivos para que organicen as súas actividades. Campos de traballo A programación da campaña de verán inclúe tamén os campos de traballo, cuxa convocatoria estará dispoñible o próximo mes. Esta experiencia de voluntariado e mobilidade contará con máis de 700 prazas, tanto de acollida, en campos organizados en Galicia, como de partida, 260 prazas que se distribuirán entre outras comunidades autónomas (110 prazas) e en máis de 25 países de todo o mundo (150 prazas). En Lugo organizaranse tres campos de traballo que suman 70 prazas. En concreto, son proxectos de carácter medioambiental e social ou etnográfico, que xirarán en torno á Casa da Neveira en Xermade, o Camiño de Inverno en Quiroga e o castro de Castromaior en Portomarín. Galicia terá outros  campos de traballo nas Illas Cíes, Cotobade, Ribadumia, Illa de Cortegada (Vilagarcía), Riós, Muíños, Celanova, Vilar de Barrio, A Peroxa, Outes, A Laracha, Ponteceso, Boqueixón, Rois e Padrón. As quendas serán de 10 ou 12 días ao longo do verán e os voluntarios poderán participar en actividades ambientais, etnográfica, sociais, arqueolóxicas ou de fomento do emprendemento. Poderán participar mozos e mozas galegos, residentes noutras comunidades autónomas, procedentes de países estranxeiros, así como voluntarios da Galicia exterior.  

Programas

Último boletín

13:00H | 28 JUN 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking