Mariña |

O Chao da Croa, un nuevo castro en O Valadouro

La Xunta de Galicia acaba de incluir en el Inventario de Yacimientos Arqueológicos el Chao da Croa en Budián, ayuntamiento de O Valadouro, con la clave de identificación GA27063057

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

O outeiro onde se atopa o recinto fortificado, dende onde se domina visualmente unha ampla zona do Valadouro, está, como a maioría dos castros mariñaos, plantado de eucaliptos que apenas deixan ver o xacemento. O Chao do Castro puido ser localizado por MariñaPatrimonio grazas ás novas ferramentas que proporciona internet, concretamente ás imaxes LIDAR, que “borra” a vexetación e permite ver o que se oculta debaixo dos eucaliptos. O Valadouro é un dos lugares da Mariña onde se rexistra un maior número de xacementos arqueolóxicos identificados, grazas ao valioso traballo de investigación realizado por Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón. O Chao da Croa de Budián é unha nova mostra do rico e importante patrimonio arqueolóxico que atesouran as terras de O Valadouro.

Visto en ABC

Programas

Último boletín

13:00 H | 04 OCT 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking