• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo | La asociación impulsa el comercio de proximidad

"A semana do teu comercio" resalta la labor del CCA en la dinamización comercial de la villa

La directora general de comercio, Sol Vázquez Abeal, acompañada por la delegada territorial, Raquel Arias, entregó un diploma a la Joyería Carreira en reconocimiento a su trayectoria Vázquez Abeal señaló que el impulso al asociacionismo es uno de los ejes estratégicos  en el trabajo de la consellería por el sector

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, resaltou o papel do Centro Comercial Aberto de Ribadeo - ACISA como dinamizador do comercio do municipio lucense. A asociación é a protagonista esta semana da campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unha historia”, coa que a Consellería de Economía e Industria pon en valor o traballo desenvolvido polos 52 centros comerciais abertos (CCAs) existentes en Galicia, dedicándolles unha semana do ano a cada un deles. Vázquez Abeal puxo de relevo o traballo que ACISA realiza non só a prol do comercio e dos seus preto de 200 asociados senón da revitalización da súa zona de influencia. Neste sentido, a directora  subliñou a importancia dos centros comerciais abertos na dinamización das vilas e cidades, e recordou que a Consellería vén de resolver apoios por dous millóns de euros para asociacións de comerciantes dos que resultaron beneficiarios os 52 CCA galegos e 24 agrupacións de mercados. No tocante ao traballo do Centro Comercial Aberto, Vázquez Abeal resaltou o seu programa de feiras de stocks e noites abertas, así como a organización de xornadas gastronómicas e outras citas que permiten ao sector comercial traballar de xeito conxunto coa hostalería. A directora, que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, fixo entrega dun diploma de recoñecemento á traxectoria da xoiería Carreira, resaltando o desempeño deste comercio no desenvolvemento comercial da vila durante décadas. Neste sentido, remarcou que un dos obxectivos da Consellería de Economía e Industria coa campaña “A semana do teu comercio” é realzar o bo facer dos negocios locais que souberon adaptarse aos tempos acadando a pervivencia do negocio a través da calidade e proximidade ao cliente. Vázquez Abeal salientou a aposta da xoiería Carreira, unha empresa de carácter familiar, que está próxima a cumprir 81 anos na vila sabendo diversificar o seu negocio. Pola súa banda, Raquel Arias apelou á necesaria colaboración entre administracións e tamén entre estas e as empresas para dinamizar o tecido socioeconómico. No caso de Ribadeo, indicou que, nun pobo que ten o comercio e o turismo como uns dos principais motores económicos, son fundamentais as infraestruturas e os servizos. Por iso, salientou, a Xunta vén apoiando de forma decidida os investimentos neste municipio, destacando a posta en servizo da EDAR, as melloras no peirao de Mirasol ou a Área de Rehabilitación Integral de Rinlo.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar