• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

El PSdeG preguntará en el Parlamento sobre el "engaño" de Feijóo con las Áreas sanitarias

Los diputados socialistas de Lugo trasladará la “preocupación ciudadana” por un modelo de área sanitaria integrada “que está a desintegrar los hospitales comarcales” y que va camino del modelo sanitario de privatización. Se pregunta en el PSdeG si “esa es la manera que tiene la Xunta de potencias la Galicia interior”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Os deputados do PSdeG-PSOE da provincia de Lugo Concepción Burgo, Carlos González Santín, Vicente Docasar e José Ramón Val, presentaron unha pregunta oral polo trámite de urxencia que será debatida no Pleno do Parlamento este xoves ante “a preocupación e incerteza existente nos cidadáns polo futuro da área integrada en Lugo”, unha xestión única que afecta ás áreas de Burela e Monforte. González Santín exporá a iniciativa para que sexa explicado “o engano levado a cabo polo señor Feijóo, tendo en conta a palabra dada polo presidente da Xunta”, que se comprometeu en campaña ante os cidadáns a non levar a cabo a área sanitaria única na provincia. “De novo temos a poboación dunha provincia conmocionada ante unha decisión que vai adoptar o Goberno galego”, di o socialista, nun cambio que “suporá que os hospitais comarcais de Monforte e Burela, que hoxe son autónomos, pasarán a depender do Hospital de Lugo,  e que a Xerencia na capital decidirá sobre as necesidades sanitarias desas dúas grandes comarcas que atenden a preto de 120.000 persoas”, explica González Santín. O deputado lembra que xa se coñecen os resultados que está a dar o modelo de área integrada noutras zonas, de aí a “preocupación” de que se extenda tamén en Lugo, que con esta decisión “vai camiño do modelo sanitario de privatización de Madrid”. “Están creando unhas áreas integradas que non cumpren precisamente con esa función integradora anunciada. A Atención Primaria e a Atención Hospitalaria seguen sen unificar e conectar pero, sen embargo, si están desintegrando os hospitais comarcais. Agora xa é unha evidencia que as áreas integradas creadas están funcionando mal e están a provocar o desmantelamento dos hospitais máis pequenos, mentres a Atención Primaria continúa descolgada”, argumenta. Ademais, esta medida está provocando “un profundo rexeitamento social” entre a cidadanía, porque a área única “suporá para a xente que reside nas comarcas da Mariña e Lemos a perda de servizos e largos e custosos desprazamentos para recibir unha atención sanitaria de calidade”, engade. O socialista destaca asimesmo que na profunda crise actual tampouco se pode desprezar “a grande importancia económica que os hospitais de Monforte e Burela teñen nas súas respectivas áreas de influencia”, nas que “xa se están a desmantelar as poucas empresas e servizos” existentes. “É esa a maneira que ten a Xunta de potenciar a Galicia do interior?”, pregúntanse os socialistas, que afirman que “se pode dicir, xa con contundencia, que a palabra do Sr. Feijóo empeza a ter o mesmo valor que as accións de Bankia, e iso, neste tempo de forte crise económica que estamos a vivir, pode ser demoledor”. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar