• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Viveiro | Las actuaciones continuarán durante el 2013

Más de 3.500 jóvenes participan en el programa Espazo Xove de la Consellería de Trabajo y Bienestar

Espazo Xove estructura sus actividades en diferentes grupos: artístico-culturales, formativos y deportivos. En el centro de Viveiro también expiden los distintos carnés para la juventud, como son: carné joven, carnés de alberguista, carné de estudiante, carné Teacher o carné internacional de viajes para jóvenes no estudiantes

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Nas culturais e artísticas destacan o Festival de verán que terá lugar no teatro Pastor Díaz; os talleres de teatro, de barro, de elaboración e decoración de papel reciclado ou de xabón artesanal; ademais das clases de  baile moderno, funky, hip-hop e bachata. As actividades formativas centraranse nos cursos programados no plan de formación da Dirección Xeral de  Xuventude e Voluntariado que para este 2013 serán os seguintes: curso básico de información xuvenil; animación de lecer e tempo libre; teórico de monitor sociocultural; elaboración de proxectos de animación sociocultural e turística, e un seminario sobre o procedemento de recoñecemento de competencias de información xuvenil. Destes cursos beneficiaranse máis de 100 persoas, e suporán unha carga formativa superior as 260 horas. Ademais, tamén se organizarán cursos de fotografía dixital e de informática. Dentro das actividades de lecer organizaranse unha serie de excursións, festas, viaxes a neve, excursións de fin de semana ao Caurel, para practicar distintos deportes de montaña, aloxándose nun albergue de montaña da Federación Galega de Montañismo. No ámbito dos deportes e xogos programaranse campionatos de fútbol sala e tenis de mesa, cursos de capoeira, de surf e de aerobic e continuarase coa escola de xadrez, que é un dos puntos fortes do Espazo Xove de Viveiro e que ten o seu cumio na organización do XIII edición do  Torneo de Xadrez “Cidade de Viveiro”. En 2012 1.384 foron os participantes das 53 actividades deportivas e xogos. No Espazo Xove tamén se expiden os distintos carnés para a mocidade, como son: carné xove, carnés de alberguista, o carné de estudante (ISIC) o carné Teacher ou o carné internacional de viaxes para mozos e mozas non estudantes (IYTC). No 2012 expedíronse  máis de 270 carnés para a mocidade de Viveiro. Así mesmo, o centro conta cunha sala de informática, con acceso gratuíto a internet, e tamén sistema wifi, pola que pasaron máis de 5.000 mozos e mozas en 2012.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo TRECE Al Día

TRECE Al Día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE