También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

La gestión sanitaria de la Mariña pasará a depender del gerente provincial que repartirá el presupuesto y el personal según le convenga

La Plataforma en Defensa de la Sanidad Publica acusa a los alcaldes y dirigentes del PP de engañaer a la ciudadanía porque cualquier persona puede comprobar que en los presupuestos de la Xunta del 2013 recoge una cantidad para el Hospital da Costa, que desaparecerá en los del 2014 por depender del reparto que haga la nueva gerencia integrada dirigida desde Lugo.
  • cope.es
  • cope.es

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña acusou ao goberno popular de enganar e mentir á cidadanía cando aseguraba por medio do seu presidente e a Consellaría de Sanidade en actos públicos e na sede do Parlamento Galego que a Mariña mantería a súa autonomía de xestión, lembraron que foron o Presidente Feijoo e a anterior Conselleira quen comprometeron a “total autonomía de xestión do xerente do Hospital da costa sobre “todos os recursos humanos, económicos, infraestruturas e prestación de servizos do Hospital da Costa e os centros de saúde da área” nun argumento que foi repetido ate a saciedade por alcaldes e dirixentes do Partido Popular que se demostra rotundamente falso con so revisar os orzamentos da Xunta de 2013 onde o Hospital da Costa recolle orzamento propio en gasto corrente e investimento real que desaparecerá no 2014 para quedar absorbido pola xerencia de atención integrada de Lugo, Monforte e A Mariña con dirección en Lugo, exactamente o mesmo que xa sucedeu coas áreas do Barco e O Salnés que pasaron a depender de Ourense e Pontevedra e xa sufriron as consecuencias con perdas de facultativos e servizos. COA APROBACIÓN ONTE DO DECRETO DE XESTIÓN INTEGRADA A XUNTA CERTIFICA O ENGANO MASIVO DO GOBERNO GALEGO E OS DIRIXENTES E ALCALDES DO PP Á COMARCA DA MARIÑA A Plataforma valorou a aprobación onte polo Consello da Xunta do Decreto de Xestión Integrada para A Mariña, Monforte e Lugo como “a certificación do engano masivo ao que nos someteron durante os últimos dous anos tanto o goberno galego como os dirixentes e alcaldes do Partido Popular na comarca”. Cando fai dous anos o Presidente e a Conselleira de Sanidade comprometían “a total autonomía de xestión do xerente do Hospital da costa sobre “todos os recursos humanos, económicos, infraestruturas e prestación de servizos do Hospital da Costa e os centros de saúde da área” estaban mentindo como se demostra agora coa aprobación do decreto que transfire a un xerente provincia situado en Lugo toda a xestión sanitaria da provincia convertendo aos xerentes dos hospitais da Costa e Monforte en simples executores das ordes emanadas da nova xerencia provincial. É absurdo e desesperante ver como os mesmos alcaldes e dirixentes populares encabezados polo Secretario Provincial do PP, Sr. Balseiro, continúan tratando de confundir coas mesmas mentiras despois de ver como a prometida autonomía quedou en papel mollado coa aprobación do decreto. En 2010 repartían un panfleto asegurando autonomía de xestión e mentiron, hoxe continúan na mesma liña. OS ORZAMENTOS DA XUNTA DE 2013 SON CLARON EN CANTO Á PERDA DE AUTONOMÍA ORZAMENTARIA DAS ÁREAS QUE DESAPARECEN A FAVOR DA XERENCIA INTEGRADA. Dende a Plataforma convidaron a calquera con interese que revisen os orzamentos da Xunta de 2013 para verificar os seus argumentos, nesa documentación aparecen claramente recollidas partidas económicas para gastos correntes e investimento real para o hospital da Costa que desaparecerán en 2014 para quedar integrados no orzamento da área de Xestión Integrada de Lugo, Monforte e A Mariña cun xerente provincial que dende Lugo decidirá sobre os recursos económicos, persoal, infraestruturas e prestación de servizos de toda a provincia como xa sucede coas áreas do Barco ou o Salnés por poñer dous exemplos que xa viron reducidos os seus servizos e facultativos tanto nos hospitais como nos centros de saúde asociados. Na Mariña sucederá o mesmo que xa se está executando no Salnés ou no Barco, médicos especialistas van a pasar consulta “só para primeiras citas, no resto do tratamento os pacientes vense obrigados a desprazarse a Ourense para continuar cos seus tratamentos”,  ese é o destino do hospital da Costa con este Decreto, “convertelo nun ambulatorio grande e baleiralo de servizos nunha folla de ruta que o PP galego segue ao ditado do modelo madrileño”

Lo más visto