• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

La XI edición del Mercado do Nadal dará comienzo el martes 3 de diciembre con 32 artesanos, talleres y actividades para los más pequeños

Mañana martes, 3 de diciembre, dará comienzo la undécima edición del tradicional Mercado do Nadal, que por segundo año consecutivo está situado en las calles peatonales del centro de la villa. El alcalde, Fernando Suárez, espera que miles de personas se acerquen, como cada año, a visitar una cita que calificó de “ineludible” en estas fechas

Fernando Suárez y Ana Martínez en la presentación del Mercado do Nadal

Fernando Suárez y Ana Martínez en la presentación del Mercado do Nadal

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

En total 32 artesáns acoden a esta cita na que tamén haberá obradoiros de xoeiría, manualidades ou cestaría, mostras en vivo de tear e de olería, actividades para os máis pequenos e animación musical a cargo de grupos ribadenses coma Amigos da Gaita ou Alesancia. O Mercado do Nadal foi presentado esta mañá no Concello polo alcalde, Fernando Suárez, e pola concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez. O rexedor dixo que “aquí en Ribadeo todo o que funciona nunhas determinadas datas non só o volvemos reiterar ano tras ano senón que o melloramos e o ampliamos. Presentamos hoxe unha nova edición do Mercado do Nadal, deste mercado singular que facemos en Ribadeo e co que principiamos o Nadal aquí na nosa vila”. Suárez Barcia sinalou que “xa van once anos desta iniciativa municipal que conta co apoio económico importante da Deputación de Lugo e que nos permite fixar a Ribadeo no mapa dos eventos e das actividades indispensables e insustituibles. A xente do noso concello e da nosa comarca, da Mariña luguesa e do Occidente asturiano, seguro que pasará a vindeira semana ver o Mercado do Nadal entre o 3 e o 8 de decembro. Comeza o martes pola tarde e remata o domingo pola noite”. O alcalde ribadense seguiu a explicar que “haberá artesáns de coiro, de xoiería, de olería, de teas, de produtos de alimentación, de multitude de elaboracións artesanais que farán as delicias dos milleiros de persoas, que como todos os anos, se achegarán a Ribadeo, si o tempo o permite e a pesares das xeadas”. Fernando Suárez indicou que “serán 32 artesáns, 33 stands en total porque o Concello tamén está presente, os que participen nesta edición. Aumentamos con respecto ao ano anterior. Haberá actividades para os máis pequenos e para os que non son tan pequenos: obradoiros de xoiería e de manualidades ou de cestería para nenos e tamén haberá mostras en vivo de olería de Bonxe e animación polas rúas con diversos grupos de Ribadeo”. O rexedor manifestou que “este mercado se converte nunha cita ineludible nestas datas de Nadal e o que queremos é convidar a todos e a todas para que se deixen caer por aquí a vindeira semana. Sabemos que hai outras datas como o Ribadeo de tapeo ou outros eventos no calendario de Ribadeo, pero este colleu unha importante dimensión, de feito o ano pasado foi a primeira vez que cambiamos a carpa do parque por casetas situadas en varias rúas céntricas e neste 2013 repetimos esta modalidade nas rúas Reynante, Ramón González e Rodríguez Murias, para que poidamos espallar e que todos os que nos visitan acaben comprando no comercio, tomando nos bares da vila e que todo isto sexa unha atracción de riqueza para que os artesáns vendan, pero que para que o sector servizos tan importante en Ribadeo se vexa beneficiado desta iniciativa. E que estes Reis que veñen si cadra máis pobres que estes anos, pero coa mesma ilusión e ledicia están moi contentos de vir a Ribadeo antes de tempo, a principios do mes de decembro”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo