• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | Veiga solicitará una entrevista con el director de ALCOA

El BNG pide a ALCOA soluciones para los 17 trabajadores de Cegelec despedidos

Los nacionalista mariñanos demandan de ALCOA soluciones para garantizar el empleo y las condiciones laborales de los trabajadores de Cegelec, empresa auxiliar de ALCOA que ha despedido a 17 trabajadores por finalización de contrato entre ambas empresas. Antonio Veiga solicitará una entrevista con el director de ALCOA San Ciprián para conocer su postura ante este conflicto laboral.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na comarca da Mariña, Antonio Veiga, urxe á factoría de Alcoa San Cibrao medidas inmediatas que garantan os postos de traballo dos 17 empregados da súa auxiliar Cegelec que veñen de ser despedidos tras rematar a contrata o pasado 31 de xaneiro e rexeitar presentarse ao novo concurso; situación que, segundo os nacionalistas, “deixa aos traballadores nunha posición de indefensión e desamparo” e supón “un novo golpe para o tecido industrial e económico da comarca, ademais de pór en perigo o funcionamento de Alcoa  e  ser unha tráxica noticia para decenas de familias.” Veiga asegura en que “Alcoa ten a forza e o peso suficientes para buscar o xeito de garantir a continuidade dos 17  postos de traballo pero tamén das condicións laborais  dos traballadores afectados  en canto a maioría levan entre 25 e 30 anos traballando para Cegelec.” Neste senso, o responsábel comarcal dos nacionalistas  pide á factoría de Alcoa en San Cibrao que “a adxudicación do servizo que até o de agora viña desempeñando esta empresa sexa a favor dunha  firma da comarca  que se comprometa a contratar aos traballadores agora despedidos mantendo as condicións laborais acadadas.” Antonio Veiga anunciou que, ao longo desta mañá, solicitará unha entrevista co director de Alcoa San Cibrao, Rubén Bartolomé, para coñecer a súa postura ante este conflito laboral e cales son as posibilidades que se contemplan para a súa resolución. Dende o Bloque Nacionalista Galego lembran á dirección de Alcoa que hai uns meses toda a sociedade da Mariña mobilizouse amosando a súa solidariedade cara a factoría e os seus traballadores na solicitude ao Goberno do Estado dunha tarifa eléctrica competitiva que garantise o futuro da alumieira na comarca e, polo tanto, de todos os empregos que xera. Os nacionalistas piden que ese apoio sexa correspondido agora a través do mantemento do emprego do persoal de Cegelec.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo