• Miércoles, 08 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

La Asociación Mulleres de San Ciprián y el Ayuntamiento organizan la 2ª edición de Lembrando Tempos no Río

El objetivo que persiguen es revivir la tradición de ir a lavar al Río Covo y el ambiente que se creaba en épocas pasadas. La asociación organizadora, junto con el alcalde, Alfonso Villares, han presentado el cartel y las actividades que se celebrarán el 21 de junio por la tarde.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

Unha iniciativa que organiza a entidade de mulleres e coa que colabora o Concello e que nacera o ano pasado co obxectivo de revivir a tradición de ir lavar ao río como unha forma de “lembrar os esforzos, os sacrificios e os duros traballos que facían as mulleres en tempos nos que as tarefas domésticas se facían a man” e en xeral, “poñer en valor o papel da muller ao longo da historia, fosen cales fosen as tarefas que tivese que realizar” asegura a edil de Igualdade, Pilar Armada.  A actividade comezará ás 17 horas, cando todas as persoas participantes sairán da Prazoleta de San Ciprián e iniciarán a súa marcha en dirección ao río Covo, ataviadas con utensilios propios para lavar como son a táboa, a tina, o xabón ou a roupa. Durante o camiño ao río irán falando e cantando cancións populares e tradicionais. O seu destino será a área recreativa de río Covo, na zona da ponte medieval, onde lavarán algunhas pezas e ao remate, gozarán dunha merenda de convivencia. Despois, de volta á vila, pararán na praza dos Campos, onde atoparán o fin de festa cos Gaiteiros de San Ciprián.  Na presentación de hoxe estivo presente o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada, a presidenta de Mulleres de San Ciprián, Amparo Pernas e outras membros da entidade, que se reuniron no mesmo punto onde se desenvolverá a actividade. Armada convida a todos os veciños a participar como unha forma de “recrear o ambiente que se vivía décadas atrás cando as mulleres se xuntaban para lavar a roupa”. Da mesma maneira, a edil asegura que esta actividade pode ser atractiva para todos os públicos, “os maiores poden lembrar aquelas épocas e os máis novos poderán experimentar como era a vida tempos atrás”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Reproducir
Directo Deportes COPE Mediodía

Deportes COPE Mediodía

Con José Luis Corrochano

Escuchar