• Sábado, 11 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo |

PSOE y BNG lamentan que por segunda vez el PP vote en contra de la defensa del Área Sanitaria de la Mariña

El GM Socialista cree que la postura de no querer incluir la moción que quedó pendiente en el anterior pleno “demuestra que no tienen ningún interés de posicionarse en este asunto” donde el PP aporta como único argumento “que no vamos a perdet ningún servicio” Para los nacionalistas “ni a Balseiro ni a Villares les parece urgente debatir sobre sanidad”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Os membros do Grupo Municipal Socialista lamentan que o equipo de goberno “vote en contra da urxencia da moción en defensa da área sanitaria de A Mariña durante a sesión plenaria celebrada no día de onte”. Neste senso, os socialistas aseguran que “sendo o pleno o órgano máis representativo do Concello, no que estamos presentes tódolos partidos políticos, é unha pena que o Partido Popular manteña a postura de non incluir os puntos que quedaron no aire na pasada sesión. Todas estas trabas non teñen ningún outro sentido a non ser que teñan medo a algo ou que intenten escurrir o bulto para non posicionarse neste asunto”. Dende o goberno non se fixo esforzo algún por volver a debatir no pleno o tema da defensa dos servizos sanitarios na nosa comarca escudándose que non estaban na orde do día, “dende a oposición pedímoslles que facendo un exercicio democrático poidésemos sacar adiante o fondo da cuestión, como é a defensa da área integral sanitaria pero o PP votou en contra”. Engaden que “é unha pena que non se defenda dende cada un dos concellos da Mariña a autonomía do noso hospital comarcal co único argumento de que non se vai perder ningún servizo. Cremos que a realidade é ben distinta e o que non queren dende o PP é tratar puntos tan trascendentes para os veciños como é o tema sanitario”. O BNG volveu levar ao pleno de Cervo por urxencia unha moción promovida pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública e unha vez mais o PP negouse a debatela, nesta ocasión porque nin Villares nin Balseiro cren motivada a urxencia e no pleno anterior, o 9 de maio, pola suspensión inesperada e pouco democrática ordenada polo alcalde da sesión debido á presenza da Plataforma sanitaria da Mariña. O BNG volveu criticar ao PP polo “baixo perfil democrático” por negarse a debater sobre un asunto que está preocupando a boa parte da sociedade cervense e mariñá que un día tras outro quéixanse das constantes derivacións de pacientes e do colapso existente no Hospital da costa que o PP non quere escoitar. Para os nacionalistas “o goberno municipal de Cervo fuxe dos debates que non lle conveñen e négase a dar a cara para defender as medidas que o seu propio partido aplica”, o portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, cuestionou a actitude de Villares e Balseiro “que fai tres semanas suspendían o pleno e onte escaparon do debate para non posicionarse”. O Alcalde de Cervo non aclara o exceso de facturación das eléctricas co concello que preside ao tempo que como Vicepresidente da FEGAMP declara irregularidades xeneralizadas. Estúa criticou a falta de claridade nas respostas do alcalde a preguntas concretas presentadas no pleno celebrado o oito de febreiro onde se reclamaba datos para coñecer o exceso de facturación das eléctricas contratadas polo concello e tampouco sobre o cumprimento ou non da lexislación vixente dos contadores instalados nas dependencias e servizos municipais. A Estúa parécelle preocupante que o alcalde de Cervo na súa condición de Vicepresidente Executivo da FEGAMP diga publicamente o 5 de febreiro que hai “irregularidades xeneralizadas nos concellos” e no de Cervo, onde el é alcalde case cinco meses despois “recoñeza que o concello non ten elaborado ningún informe sobre os excesos de facturación das compañías”

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar