• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | Educación convoca "Enredos de Semana Santa" como medida de conciliación de la vida laboral y familiar

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A Concellería de Educación informa da apertura do prazo de inscrición para participar nos Enredos de Semana Santa que se convocan para os días 25, 26 e 27 de marzo. Unha iniciativa contemplada como unha medida de conciliación da vida laboral e familiar nuns días nos que “os nenos e nenas xa están de vacacións pero moitos pais e nais traballan” tal e como explica a edil desta área, Pilar Armada. Poderán participar os nenos e nenas de infantil e primaria que cursen estudos nos centros educativos de Cervo. Para apuntarse será necesario achegar o impreso de inscrición que Educación repartirá nos colexios do municipio que deberán cubrir e entregar na Casa do Concello ou na Casa da Cultura antes deste venres día 22. Unha actividade que dá continuidade aos Enredos de Nadal e aos Enredos de Verán que se veñen organizando no municipio e nos que sempre adoita rexistrarse unha ampla participación. A edil de Educación asegura que “Enredos é un programa completo  para encher de actividade as horas de lecer dos nenos e nenas en idade escolar mesturando o entretemento coa aprendizaxe e participado en obradoiros e xogos que espertan a súa imaxinación e contribúen ao seu desenvolvemento”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar