• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo | La fundación lleva 15 años ofreciendo cursos formativos

El Ayuntamiento valora la posibilidad de aprovechar del edificio del FOREM

El edificio de titularidad municipal donde hasta ahora se encuentra instalado el FOREM quedará vacío a partir del mes de febrero después de que la Fundación Formación y Emprego de Galicia tenga que cerrar el centro formativo desde el que se programaban y ofrecían cursos para la Mariña. Las instalaciones las ha cedido de forma gratuita el ayuntamiento durante 15 años, tiempo en el que la fundación solo abonó los gastos de suministro de servicios e invertir en equipamiento y mobiliario.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Esta semana a edil de Educación, Pilar Armada, a de Cultura, Begoña Alonso, e o de Seguridade Cidadá, José Ramón Soto, estiveron percorrendo o centro para revisar o seu estado e avaliar as posibilidades de aproveitamento que ten o edificio. Nese percorrido acompañáronos a directora de FOREM Galicia, Marisa Estalote, outros traballadores da fundación así como da empresa que se encargará do transporte de boa parte do material da súa propiedade. Os edís puideron comprobar que o edificio se atopa en moi boas condicións destacando especialmente os amplos espazos dispoñibles. A concelleira Pilar Armada explica que “imos valorar e sopesar todas as opcións co obxectivo de que se lle dea o uso máis axeitado segundo as súas características e configuración”. Neste sentido Armada asegura que “o Concello está aberto a todas as opcións razoables posibles, ben sexan iniciativas empresariais, asociativas ou doutro tipo”. Ao mesmo tempo, todo o grupo de goberno manifesta a súa mágoa porque o FOREM teña que abandonar unhas instalacións “tan axeitadas para a formación, que despois de máis de 15 anos tiñan completamente acondicionadas e adaptadas aos cursos e nas que desempeñaban unha labor moi importante de formación a persoas ocupadas e en paro. Unha fundación á que temos que agradecerlle que no seu momento escollera Cervo como centro e base das súas iniciativas na Mariña”. O edificio está dividido en tres plantas, ao que hai que engadirlle unha nave externa onde se impartían os talleres de soldadura e electricidade. En canto ao edificio principal, conta con catro aulas, despachos e salas de reunión. Durante máis de 15 anos o FOREM, promovido polo sindicato Comisións Obreiras, estivo ofrecendo formación para o emprego, é dicir, cursos dirixidos a fomentar a capacitación e inserción laboral, polo que a práctica era unha parte fundamental da súa acción. Nese tempo impartíronse cursos de administración e xestión de empresas, recursos humanos, atención ao cliente, informática, da área sociosanitaria, de soldadura ou de electricidade.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Deportes COPE

Deportes COPE

Con José Luis Corrochano

Escuchar