• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Este outono retómanse as escavacións no xacemento romano de Ciadella

O asentamento militar de Sobrado dos Monxes e a única fortificación estable da época romana que se conserva en Galicia canda a de Bande, en Ourense.

Audio

Patricia Iglesias. Redacción COPE Santiago

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 16:44

Corría o século I d.C. cando comezou a tomar forma Ciadella, un forte de planta rectangular e esquinas redondeadas que se asentou no que agora se coñece como lugar da Igrexa, en Sobrado.

Alí estivo, dende o século II e o IV d.C a cohors I Celtiberorum, dependente da Legio VII Gemina. Esta lexión, con base na actual León, desviou cincocentos homes a Ciadella.

A súa encomenda non era menor: controlar o tránsito entre o porto de Brigantium (A Coruña) e Lucus Augusti (Lugo), unha das capitais da Hispania Romana.


“Logo de conquistar o territorio nas chamadas Guerras Cántabras, os romanos trataron de organizalo e explotalo: aí está o exemplo das Médulas”, explica Rubén Álvarez, arqueólogo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. No caso, de Ciadella, foi a aparición dunha serie de tellas marcadas cun selo as que permitiron identificar o asentamento da cohors I.


O campamento militar data do S.I d.C e foi descuberto a comezos do século XX

Cedida. Xunta de Galicia


DO ACHADO CASUAL ÁS ESCAVACIÓNS SISTEMÁTICAS


Álvarez lembra que a aparición dos primeiros vestixios do xacemento foi totalmente fortuita: a descuberta fíxose a comezos do século XX, inda que as escavacións sistemáticas non chegarían ata 1934, da man do investigador Ángel del Castillo. A Guerra Civil supuxo unha fenda nestes traballos, que non se retomarían definitivamente ata 1981, co profesor da Universidade de Santiago de Compostela Manuel Caamaño Gesto, recentemente falecido.


El dirixiutoda unha serie de campañas arqueolóxicas durante os anos 80 e 90 do século XX e tamén na primeira década do século XXI, que permitiron exhumar diferentes estruturas e restos materiais, principalmente no sector central do xacemento. “O xacemento ten uns 30.000 metros cadrados, é moi grande, e apenas hai unha cuarta parte escavada”, explica Álvarez. “Fan falta moitos recursos”, engade.


A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, na súa condición de propietaria do xacemento, promoveu nos últimos anos campañas de cara a súa conservación e posta en valor. Dentro do programa FEDER Galicia 2014-2020, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade xa investiu practicamente uns 400.000 € neste xacemento arqueolóxico. Así, de 2016/17 escavouse e consolidouse o sector noroeste da muralla. No bienio seguinte pechouse con valla cinexética e retirouse unha gran estructura metálica que existía no sector oeste e acondicionouse a caseta do interior do xacemento.


Ata o momento, apenas esta escavada unha cuarta parte do xacemento romano

Cedida. Xunta de Galicia


Logo, escaváronse varias estruturas, como un barracón ou un celeiro, no sector central do asentamento. “Aquí pareceu un ara dedicada á Fortuna, e no exterior, unha estatua da deusa Minerva”, un par de peculiaridades atopadas en Ciadella, segundo o arqueólogo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural : “pero en xeral, os romanos eran moi cuadriculados e os campamentos eran moi parecidos porque o exército era moi metódico”.


A cohors estivo ata finais do Século III en Ciadella e despois marchou para Cantabria, segundo a documentación que manexan os investigadores: pero o asentamento tivo unha vida posterior, na etapa tardorromana e mesmo medieval. “Hai unha pequena capela dentro do propio xacemento” que apunta a unha ocupación nos séculos XII e XIII, unha “superposición que foi habitual en Galicia ó longo do tempo, hai moitos castros que despois se convertiron en castelos medievais” lembra Rubén Álvarez.


O asentamento de Ciadella ocupa case tres hectáreas de terreo no lugar de Igrexa, en Sobrado

TrastCedida. Xunta de Galicia




POTENCIAL TURÍSTICO, ADEMÁIS DE CONSERVACIÓN


Nestes momentos está en período de licitación unha nova intervención no asentamento: no que resta de ano e posiblemente ó longo do primeiro trimestre de 2022, vaise traballar nomeadamente nos pricipia,edificación duns 1.000 m2 que funcionaban como cuartel xeral do forte romano, xa que nel se acomodaban os órganos esenciais da administración militar ou os espazos sagrados destinados ao culto e á custodia dos estandartes. Tamén se quere actuar sobre a chamada via principalis,arteria viaria principal no interior do campamento romano que transcorría por diante dos principiacomunicando dúas das catro portas existentes no forte, as chamadasporta principalis sinistra eporta principalis dextra.


Dende este outono e ata a primavera de 2022 volverán as escavacións a Ciadella

Cedida. Xunta de Galicia



A actuación desta campaña 2021-2022ten un orzamento de 225.870,70 € e un prazo máximo de execución de 9 meses, cofinanciada ó 80% tamén por fondos europeos.

Ciadella pódese visitar xa nestes momentos: puntualmente téñense organizado percorridos guiados, pero Rubén Álvarez recomenda que as persoas interesadas en coñecelo aproveiten o momento en que se retomen os traballos. “Os arqueólogos aí intervindo é un engadido máis”, asegura. Un dos obxectivos desta campaña será ademáis sinalizar, “colocar cartelería con códigos QR, para que a xente que se achegue alí teña información de primera man do que hai”. Tamén se ampliarán as accións divulgativas con obradoiros e a través de redes sociais.

O xacemento atópase a pouco máis dun quilómetro do Camiño Norte a Santiago: de seguro que en canto se incremente a súa difusión, Ciadella hase converter en punto obrigado de parada para os peregrinos, ainda que non poidan selar alí a acreditación como camiñantes a Compostela.




Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar