Vilanova dos Infantes rememora as aldeas galegas de inicios do século XX no Día das Letras Galegas

Unha viaxe no tempo cos oficios con raíces na cultura popular nesta romería etnográfica que se celebra no Burgo medieval para conmemorar o 17 de maio

00:00

O organizador, Xavier Alvarez, destaca a filosofía de Raigame

Redacción digital

Madrid - Publicado el - Actualizado

1 min lectura

Vilanova dos Infantes rememora este 17 de maio, Día das Letras Galegas, as aldeas galegas de finais do século XIX e principios do século XX. Durante este día, voltarán a verse as actividades e oficios con raíces na cultura popular como os afiadores, segadores, canteiros e oleiros. De feito, atoparánse 58 postos no interior do Burgo medieval dos que 41 serán artesáns con demostracións en vivo, 7 postos de productos tradicionais de alimentación e 10 tabernas. No exterior do burgo haberá tamén 28 casetas de comida e outras de artesanía.

Vilanova dos Infantes viaxará no tempo nesta romería etnográfica que cumpre a súa 21ª edición cunha programación onde destaca tamén a animación na rúa con 23 grupos de Ourense, Pontevedra. Lugo e Portugal, así como monicreques, teatro, maxia e obradoiros diversos.

Entre as novidades, “ViaxaMos no Tempo” organizará visitas guiadas por Vilanova dos Infantes relacionadas cos traballos dos canteiros.

Este ano está adicada a edición aos doces con concesión do premio honorífico “Adolfo Enríquez” a Concepción Fernández, irmá de “As isoliñas” que durante máis de 50 anos fixeron os seus bolos en Celanova.

Entre os aspectos programáticos da romaría haberá una destacado protagonismo para os máis cativos coa presenza dos Bolechas para darlle valor á cultura popular.

Escucha en directo

En Directo COPE ORENSE

COPE ORENSE

En Directo COPE MÁS ORENSE

COPE MÁS ORENSE

Programas

Último boletín

18:00H | 31 OCT 2024 | BOLETÍN