• Jueves, 09 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta recibe 9 ofertas para executar a primeira fase do acondicionamento da estrada Pontevedra-Marín, na vía da Estribela, cun investimento de case 950.000?

A Xunta recibe 9 ofertas para executar a primeira fase do acondicionamento da estrada Pontevedra-Marín, na vía da Estribela, cun investimento de case 950.000€

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 13:50

O obxectivo desta actuación é que a PO–546 en Estribela sexa máis segura para os peóns

Realizarase unha transformación integral nun treito de 500 metros no que se ampliarán as beirarrúas dotándoas dun ancho mínimo de 2 metros para favorecer os desprazamentos a pé e asegurar a accesibilidade

Para facer compatible a humanización da vía co mantemento do dobre sentido da circulación será necesario ampliar a plataforma con estruturas de distintos tipos: desde un voadizo, a recheos e muros de contención

Habilitaranse 3 pasos de peóns sobreelevados con iluminación específica e sistema intelixente de detección e melloraranse as paradas de autobús con novos refuxios

Esta intervención é a 1ª fase dun proxecto máis amplo no que a Xunta investirá 7 M? e que continuará na zona entre Mollabao e Os Praceres e nun novo treito entre Estribela e Marín, ademais de na zona pendente da rúa Concepción Arenal deste municipio

A Xunta recibiu un total de 9 ofertas para executar a primeira fase do acondicionamento da estrada PO–546 (Pontevedra–Marín), na vía da Estribela. A actuación supón un investimento autonómico de case 950.000 euros e prevese que estea completada no 2023, xa que ten un prazo de execución de 12 meses.O obxectivo principal das actuacións é garantir desprazamentos sen riscos na zona e que os peóns teñan máis protagonismo que os vehículos e se garanta a súa seguridade. Acometerase unha transformación integral coa reurbanización dun treito de 500 metros, no que se modificará a sección transversal para poder ampliar as beirarrúas e dotalas dun ancho mínimo de 2 metros, de forma que se favorezan os desprazamentos a pé e se asegure a accesibilidade. Preténdese facer compatible a humanización da vía co mantemento do dobre sentido de circulación, tendo en conta o pouco espazo dispoñible. Por iso, a ampliación da plataforma farase con estruturas de distintos tipos, desde un voadizo a recheos e muros de contención, demolendo unhas edificacións que están en ruínas.Ademais, para conseguir o calmado de tráfico e a seguridade viaria, instalaranse tres pasos de peóns sobreelevados que contarán con iluminación específica e cun sistema intelixente que detecte ao peón nas inmediacións e active a sinalización. Tamén se mellorarán as paradas de autobús, coa disposición de novos refuxios e renovarase a iluminación da vía, ademais do fresado e estendido unha nova capa de firme, a reposición da drenaxe e dos servizos afectados e a sinalización horizontal e vertical. Esta intervención contará con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia do programa Next Generation UE de mobilidade sostible. Así, o vindeiro ano a Xunta culminará o acondicionamento e mellora da seguridade viaria en Estribela, co que comezará a transformación da estrada Marín–Pontevedra nun eixe de mobilidade sostible. Estas obras forman parte dun proxecto máis amplo, unha intervención no conxunto da vía coa que se promove unha mobilidade máis saudable, sostible e segura, tanto a pé como en bicicleta. En total, a Xunta investirá 7 millóns de euros para a transformación da PO–546, que continuará entre Mollabao e Os Praceres e seguirá cun novo treito entre Estribela e o límite con Marín, ademais da zona pendente de mellora da rúa Concepción Arenal, tamén en Marín. Estes proxectos, sobre os que xa se están a traballar, someteranse a información pública no outono.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar