• Lunes, 20 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

Xunta e Real Academia Galega lanzan a sexta edición do Programa de Recompilación de Topónimos logo de recuperar xa preto de 70.000

Xunta e Real Academia Galega lanzan a sexta edición do Programa de Recompilación de Topónimos logo de recuperar xa preto de 70.000

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 03:12

Chegará agora a Friol, Becerreá, Vila de Cruces, Tui, Trasmiras, Padrón, Amoeiro, A Pobra de Brollón, Dumbría, Maceda, Ponte Caldelas e Narón entre outubro e decembro

As sesións formativas da campaña difundirán a importancia da riqueza toponímica galega e procurarán novas persoas colaboradoras para o proxecto ‘Galicia Nomeada’

Un total de 3.200 persoas participaron xa nesta iniciativa

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA A Coruña, 9 de outubro de 2023 O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, presentaron esta mañá a sexta edición do programa Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, que, no marco dos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados pola Xunta de Galicia e coordinados pola RAG, chega este outono a unha ducia de concellos das catro provincias galegas cun dobre obxectivo: achegarlle ao público a orixe e significado dos topónimos do seu municipio e procurar novas persoas colaboradoras na plataforma Galicia Nomeada, que lle permite á cidadanía contribuír á recollida de topónimos e microtopónimos que corren o risco de perderse.Precisamente sobre a aplicación Galicia Nomeada, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades quixo poñer de relevo o apoio da Xunta de Galicia, “pois é un proxecto que está a traspasar as fronteiras galegas, xa que diversas comunidades autónomas contactaron con nós para poder replicala e implicar a súa poboación como o estamos a facer nós”. Ademais, Valentín García repasou as cifras desta plataforma na que, desde a súa creación a finais do 2019, unhas 3.200 persoas colaboradoras achegaron preto de 70.000 microtopónimos, “o que salienta a implicación dos galegos e galegas na recuperación da toponimia, un motivo de orgullo para nós e unha motivación para seguir traballando neste campo con proxectos como este”. Pola súa banda, o presidente da RAG destacou que este programa “procura implicar todos os axentes sociais, desde a veciñanza aos centros de ensino, para entre todos recuperar o noso patrimonio e deixármolo de legado para os que veñen detrás”. No acto de presentación, que tivo lugar na Fundación Luis Seoane na Coruña, tamén participou o coordinador técnico de Galicia Nomeada, o filólogo da Real Academia Galega Vicente Feijóo, quen será o encargado das accións formativas. Coas novas charlas previstas para este outono, Toponimízate sumará xa 82 concellos visitados ao longo das súas seis edicións.Os 12 concellos aos que chegará Toponimízate 2023 comparten unha característica común: en ningún deles se completou o traballo do proxecto Toponimia de Galicia, polo que aínda non se recolleu unha parte importante da microtoponimia do seu territorio. Ademais, dous deses 10 concellos, Becerreá e Maceda, non incluíron aínda ningún microtopónimo na aplicación Galicia Nomeada, o que aumenta a urxencia de levar a cabo a recolleita.Durante as charlas, Vicente Feijóo incidirá na riqueza toponímica que posúe todo o territorio galego e dará conta do significado dos nomes de parroquias e aldeas de cada concello, para o que conta coa colaboración do académico de número Gonzalo Navaza. No tocante ao funcionamento de Galicia Nomeada, o público aprenderá como empregala tanto para incorporar nomes de corredoiras, chousas ou penedos como para rexistrar lendas ou outras tradicións orais vinculadas a eses lugares. O concello de Friol, en Lugo, será o escenario escollido para abrir a campaña este mércores ás 12,30 h no Centro Sociocultural. Despois, Toponimízate 2023 percorrerá entre outubro e decembro Becerreá, Vila de Cruces, Tui, Trasmiras, Padrón, Amoeiro, A Pobra do Brollón, Dumbría, Maceda, Ponte Caldelas e Narón.A axenda completa cos horarios e lugares das xeiras pode consultarse na axenda de CulturaPortal da Lingua Galega


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar