• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta pon en valor en Verín a nova Oficina Rural e a nova base de Unidade Operativa do servizo de prevención e extinción de incendios

A Xunta pon en valor en Verín a nova Oficina Rural e a nova base de Unidade Operativa do servizo de prevención e extinción de incendios

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 21:05

José González referiuse aos preto de 255.000 euros que se dedicaron ás novas instalacións da Oficina Rural, establecendo unha zona administrativa, dependencias para os veterinarios e instalacións máis eficientes desde o punto de vista enerxético

Supervisou as obras da nova sede do Distrito Forestal XIV Verín–Viana e do Centro de Coordinación do Distrito, onde xa se acometeron melloras e se implementará unha Base de Unidade Operativa (BUO), cun investimento próximo aos 500.000 euros

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo secretario xeral técnico da Consellería, Nicolás Vázquez, polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, visitou hoxe as novas dependencias da Oficina Rural da localidade. En total, investíronse preto de 255.000 euros nun proxecto que busca mellorar a atención á cidadanía do rural nesta contorna. Tamén estiveron os alcaldes de Cualedro, Luciano Rivero, e de Monterrei, José Luis Suárez.Así, tras o estudo das necesidades e das características do local e da súa contorna, estableceuse unha zona administrativa no acceso, con catro postos de traballo con atención ao público, ademais dunha zona de espera. No resto das instalacións, procedeuse a incorporar un aseo con vestiario e ducha para os veterinarios, unha zona de almacenamento, despachos e unha sala de videoconferencia, ademais de novas instalacións de climatización e iluminación, apostando pola eficiencia enerxética. Todo co obxectivo –recalcou o titular de Medio Rural– de prestar unha mellor atención á cidadanía do rural, ao tempo que se mellora a contorna de traballo dos empregados públicos. Posteriormente, o conselleiro supervisará as obras da nova sede do Distrito Forestal XIV Verín–Viana e do Centro de Coordinación do Distrito, onde xa se acometeron melloras e se implementará unha Base de Unidade Operativa (BUO), cun investimento próximo aos 500.000 euros. Así, a superficie total construída destas instalacións é de 2.444 m². Na planta alta estará a sede do distrito e o Centro de Coordinación, cunha superficie de 417 m², e desde este último xestionaranse os incendios forestais e poderanse visualizar mediante o sistema de vixilancia forestal despregado pola Consellería. Tamén conta cunha sala de reunións e outra de formación. Doutra banda, a zona do BUO dará cabida a bombeiros forestais, así como aos vehículos todoterreo e aos camións motobomba. Tamén haberá outras dependencias tales como vestiarios, almacén, sala de exercicio e zona de lecer.Neste punto, o conselleiro fixo alusión aos plans da Consellería do Medio Rural para os puntos de encontro das brigadas de incendios, que se están a reformular como BUO e que concentrarán non só estes profesionais, senón tamén outros traballadores do propio servizo como son os condutores de motobombas, os axentes e outros. Nesa liña, referiuse aos proxectados en Muíños, Mondoñedo ou Lalín, nestes tres casos previstos en madeira estrutural. Así mesmo, o conselleiro lembrou que se acaba de aprobar con carácter definitivo o proxecto de construción dunha base de medios aéreos transfronteiriza, no marco do Proxecto Interlumes, nos concellos de Verín e Oímbra, que suporá por parte do Goberno galego un investimento de 4,3 millóns de euros. Indo máis aló, referiuse a infraestruturas como o futuro Centro integral de loita contra o lume de Toén, ao que onte se desprazou para inaugurar as novas pistas de adestramento para vehículos, así como para facer entrega de 13 motobombas ao Servizo de prevención e extinción. Mostra do compromiso –recalcou– pola mellora de instalacións e de medios a disposición dos efectivos contra os incendios.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Misa de la Cena del Señor desde la catedral de Murcia

Todos los domingos

Reproducir
Directo Misa de la Cena del Señor desde la catedral de Murcia

Misa de la Cena del Señor desde la catedral de Murcia

Todos los domingos

Escuchar