• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta pon en valor a mediación intraxudicial como resolución alternativa de conflitos xudiciais coa que reducir a carga de traballo dos órganos xudiciais

A Xunta pon en valor a mediación intraxudicial como resolución alternativa de conflitos xudiciais coa que reducir a carga de traballo dos órganos xudiciais

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 23:21

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, destacou hoxe no “VII Congreso Internacional para o Estudo da Mediación e o Conflito” o compromiso do Goberno galego con este sistema cun investimento de máis de 2M? nos últimos anos


O Goberno galego colaborou na implantación do servizo de mediación intraxudicial nas sete cidades galegas e tamén apoia o impulso no ámbito penal e mercantil

director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou esta tarde no VII Congreso Internacional para o Estudo da Mediación e o Conflito, onde puxo en valor o compromiso da Xunta por consolidar a mediación intraxudicial como sistema alternativo e complementario á resolución de conflitos xudiciais. O director xeral de Xustiza incidiu en que Goberno galego aposta desde 2009 por facilitar á cidadanía solucións idóneas na resolución de controversias á marxe da vía xudicial por tratarse dunha opción idónea “naqueles casos nos que a xudicializar o conflito non está xustificado nin permite ás partes acadar unha solución satisfactoria”. Sinalou que se trata dunha modalidade menos traumática, máis áxil e que, ao mesmo tempo, contribúe á redución da carga de traballo na Administración de Xustiza.Por iso, destacou a importancia de que os profesionais da Administración de Xustiza –membros da carreira xudicial, fiscal, letrados, avogados, procuradores– e as universidades tamén adquiran o seu compromiso e se impliquen coa posta en marcha da mediación. José Tronchoni lembrou que a Xunta leva investidos 2 millóns de euros no fomento da mediación desde a sinatura en 2009 do primeiro convenio de mediación xudicial no ámbito de familia no partido xudicial de Santiago, implantándose de forma progresiva nas demais cidades galegas. Neste ano, o Goberno galego colabora neste ámbito co Consello da Avogacía de Galicia cunha contía de 180.000 euros. Na súa intervención, tamén engadiu que a Administración autonómica mantén desde 2015 unha colaboración continuada co Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) para o impulso da mediación. 2016 permanece vixente un programa experimental de mediación no ámbito penal posto en marcha pola Xunta co Centro Integral de Análise e Resolución de Conflitos da Universidade de Santiago, o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio Fiscal e o Colexio de Avogados de Santiago. Do mesmo xeito, desde 2017 mantense outro convenio de colaboración co mesmo obxectivo co Colexio de Avogados da Coruña. Por outra parte, desde 2013 a Xunta colabora co Consello Galego de Cámaras de Comercio e o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) en protocolos en materia de mediación e civil e mercantil co obxectivo de fomentar esta modalidade como vía de resolución de conflitos no eido empresarial que correspondan a estas dúas xurisdicións. Ao igual que xunto co Consello Galego dos Procuradores e dos Tribunais apoia os servizos de mediación xudicial en materia civil e mercantil por parte de persoal cualificado dos colexios de procuradores da comunidade. Normal 0 21 false false false


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar