• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta pon en valor a aldea modelo de Penedo en Boborás e a súa aposta pola recuperación do porco silleiro

A Xunta pon en valor a aldea modelo de Penedo en Boborás e a súa aposta pola recuperación do porco silleiro

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 00:10

Esta aldea conta cunha superficie de 23,41 hectáreas e de 665 parcelas de 131 propietarios

A súa orientación produtiva céntrase no porco silleiro en extensivo así como da produción da alimentación necesaria nas terras de cultivo, mediante cereais e plantas autóctonas, poñendo en práctica a economía circular

José González salientou que desde a entrada en vigor da Lei de recuperación, en maio de 2021, arredor de 10.000 hectáreas de terreo están sendo obxecto de desenvolvemento dun instrumento de recuperación de terra agraria

O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou hoxe a aldea modelo de Penedo, no concello ourensán de Boborás, na que resalta xa a posta en produción de gando, concretamente de porco silleiro en extensivo. Esta aldea modelo conta cunha superficie de 23,41 hectáreas distribuídas en 665 parcelas de 131 propietarios. Para levar a cabo o aproveitamento gandeiro e a recuperación das terras da aldea, dende a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural executáronse as obras e instalacións precisas. Así, realizáronse os peches (tres tipos distintos perimetrais e interiores que permiten a xestión do gando nas parcelas), infraestruturas gandeiras (refuxio, cría e lazareto), instalacións de enerxía (pastor eléctrico) e sinalización precisa. O orzamento total investido nestas obras e instalacións aproximouse aos 82.700 euros, sendo a partida máis importante a destinada aos peches e cerramentos, con arredor de seis quilómetros lineais. Así, realizáronse as instalacións de refuxio e cría executadas en madeira para a integración na contorna da aldea. A Xunta está desenvolvendo diferentes actuacións co obxecto de mellorar a base territorial das explotacións agrícolas, gandeiras e forestais no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Trátase dun texto concibido para combater o abandono ou infrautilización dos terreos agrícolas, gandeiros e forestais. Entre as súas novidades, esta lei creou figuras pioneiras na recuperación de terras, como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais ou as agrupacións de xestión conxunta, así como as permutas de especial interese agrario. Son ferramentas concibidas para poñer en valor o rural apoiando a actividade agraria co obxectivo de crear actividade económica e fixar poboación, avanzar na prevención de incendios forestais e garantir a seguridade alimentaria. Normal 0 21 false false false


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar