• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta participa nun exercicio promovido por Portugal para a mellora da coordinación transfronteiriza en incendios forestais

A Xunta participa nun exercicio promovido por Portugal para a mellora da coordinación transfronteiriza en incendios forestais

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:15

Tamén o Goberno de Castela e León proporcionou medios e recursos a este simulacro de lume forestal, que busca a redución dos tempos de resposta e o reforzo da cooperación entre Administracións

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, incorporouse ao Posto de Comando Operacional para intervir na coordinación dos medios

Lugar de Moimenta (Vinhais, Portugal), 29 de marzo de 2023A Xunta participou hoxe nun exercicio de optimización das intervencións en incendios forestais de carácter transfronteirizo, organizado polo Centro de Coordinación Distrital de Braganza no Lugar de Moimenta, situado no municipio de Vinhais (Terras de Trás–os–Montes). Ademais de Galicia, Castela e León tamén aporta medios e recursos propios.Enmarcado dentro do mes da Protección Civil celebrado no país veciño, o obxectivo principal deste simulacro pasa por exercitar a resposta do Sistema de Operacións de Protección e Socorro (SIOPS) portugués. A participación galega e castelán–leonesa posibilita a mellora da cooperación en materia de incendios forestais en puntos críticos de intervención coma son as fronteiras interestatais. O exercicio centrouse nun incendio con dúas frontes, que se orixina na subrexión lusa de Terras de Trás–os–Montes: unha delas diríxese á localidade de Moimenta da Beira; a outra, en dirección a España.A participación da Xunta neste exercicio supón unha oportunidade para perfeccionar as capacidades de integración e articulación entre os equipos de emerxencias portugueses e españois en caso de producirse unha situación real de lume transfronteirizo. Ademais de proporcionar medios e recursos de reforzo e de apoio aos organismos lusos, o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, incorporouse ao Posto de Comando Operacional (PCO), no cal están representadas os diferentes axentes participantes no simulacro. Entre os recursos facilitados dende a Administración galega está, por parte da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), o Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) a través da súa Unidade Operativa de Drons, un activo especialmente útil á hora de realizar o seguemento aéreo en tempo real dun incendio forestal. Ademais, a Consellería do Medio Rural participou coa Unidade Técnica de apoio con cinco técnicos, dous axentes, dúas motobombas e dúas brigadas. O número total de compoñentes mobilizados foi de 17 persoas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar