• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta organiza a semana que vén en Monforte ata cinco xornadas sobre xestión técnico económica de distintos tipos de explotacións

A Xunta organiza a semana que vén en Monforte ata cinco xornadas sobre xestión técnico económica de distintos tipos de explotacións

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 12:25

Previstas do 10 ao 14 de outubro, as accións formativas abordarán as peculiaridades das granxas de vacún de leite, das explotacións de gandería extensiva, das que precisan base territorial e das de cultivos, fruticultura, vitivinicultura e apicultura

Normal 0 false false false Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2022 A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar a semana que vén ata cinco xornadas sobre xestión técnico económica de distintos tipos de explotacións. Todas as accións desenvolveranse de 10,00 a 14,15 horas no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte. Así, o luns 10 de outubro terá lugar unha xornada sobre a xestión das granxas de vacún de leite e ese mesmo día, así como o martes 11, abordaranse as peculiaridades das explotacións de gandaría extensiva. Mentres, o xoves 13 trataranse as granxas con necesidade de base territorial e o venres 14 as explotacións de cultivos, fruticultura, vitivinicultura e apicultura. O obxectivo xeral de todas estas accións formativas é presentar a xestión técnico económica como unha ferramenta para reducir a incerteza na actividade agrogandeira. Deste xeito, definirase o concepto, tratarase a súa utilidade, analizaranse de maneira pormenorizada as fases que comprende e o produto final que se obtén. Tamén se analizarán diversos conceptos que teñen que ver coa xestión como os investimentos, o cálculo das amortizacións técnicas ou os préstamos. Cómpre engadir que no caso da xornada sobre o vacún de leite analizaranse casos reais e empregarase a aplicación Conta Láctea implementada pola Xunta para calcular os custos de produción deste tipo de granxas. A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma estes. Estas iniciativas están dirixidas en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal–madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector. Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2022 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas–publicas/accions–formativas. Precisamente nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 106, ou enviarse un correo a cesar.crespo.vazquez@xunta.gal.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 3

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar
Directo TRECE Al Día

TRECE Al Día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE