Xunta de Galicia

A Xunta mellora a empregabilidade de 20 persoas de Vilanova de Arousa co obradoiro formativo laboral 'Vista Real VII'

A Xunta mellora a empregabilidade de 20 persoas de Vilanova de Arousa co obradoiro formativo laboral 'Vista Real VII'

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

4 min lectura

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, participou esta mañá no acto de clausura e entrega de diplomas desta iniciativa de emprego no Pazo de Vista Real

Este obradoiro, que prolongou a súa actividade durante os últimos nove meses grazas a un investimento de 347.000? da Xunta, centrou a súa formación nos módulos de Instalación e Mantemento de Zonas Verdes e Xestión de Redes de Voz e Datos

“Dende a Xunta ofertamos un programa de formación moderno, dual, orientado á xente sen traballo para outorgarlle máis posibilidades de inserción laboral no futuro e reforzar as infraestruturas e servizos públicos de todos”, explicou o representante autonómico

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, vén de mellorar as opcións de empregabilidade, a través da formación laboral, dunha vintena de persoas desempregadas do municipio de Vilanova de Arousa co Obradoiro de Emprego de formato dual Vista Real VII, que contou cun investimento de 347.000 euros do executivo autonómico.O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado do alcalde, Gonzalo Durán, do tenente de alcalde, Javier Tourís, e doutros representantes municipais e do obradoiro, participou esta mañá, no Pazo de Vista Real, no acto de clausura desta iniciativa laboral, no que se entregaron os correspondentes diplomas acreditativos.“O emprego é un dos grandes eixos da acción de goberno da Xunta e por iso seguimos apostando por este modelo formativo, que ten moi boa acollida entre os concellos e as persoas sen traballo, que mellora moito a empregabilidade e favorece a inserción laboral dos participantes na bisbarra do Salnés”, explicou o representante autonómico, que lembrou que na provincia de Pontevedra formouse a máis de 400 persoas nos últimos nove meses a través de vinte obradoiros de emprego que supuxeron un investimento de 6,6 millóns de euros.Luis López trasladoulles os parabéns aos participantes, agradeceulles “a súa implicación dende o pasado mes de outubro e as gañas de aprender un oficio para mellorar os seus coñecementos laborais e outorgarse, de aquí en adiante, máis oportunidades no mercado” e amosouse convencido de que “aproveitaron axeitadamente todo este tempo para acadar oportunidades en dous sectores con moita saída laboral, especialmente na comarca arousana”. Así mesmo, tamén felicitou ao Concello de Vilanova de Arousa “por presentar un proxecto tan acaído, tan ben deseñado dende o punto de vista técnico e que ademais responde perfectamente ás necesidades sociolaborais da zona”.

Nesta liña, recalcou o “compromiso” da Xunta coa creación de emprego e a xeración de riqueza na comarca do Salnés, “algo que demostramos ano tras ano con feitos, tal e como se confirma coa constante concesión de obradoiros e doutras iniciativas, como os máis de 50 cursos AFD de formación para desempregados que desenvolvemos nesta zona dende o pasado outono”.O obradoiro de emprego Vista Real VII celebrou os módulos de Instalación e Mantemento de Zonas Verdes e Xestión de Redes de Voz e Datos, dando deste xeito continuidade á formación nestes mesmos ámbitos realizada nas seis edicións anteriores e que incluiu prácticas para mellorar os lugares de esparcemento e as infraestruturas tecnolóxicas do municipio vilanovés.“Damos cumprida resposta ao que pide a cidadanía e ofertamos un programa de formación moderno, dual, orientado á xente sen traballo para mellorar a súa empregabilidade, posibilidades de futuro e inserción laboral, que ademais recibiron unha remuneración durante nove meses e que contribuiron ao beneficio colectivo de todas e todos con obras públicas e sociais a través das prácticas deste plan formativo”, concluíu o delegado territorial.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

La Linterna

La Linterna

Con Ángel Expósito

Lunes a viernes de 19:00h a 23:30h

Programas

Últimos audios

Último boletín

05:00H | 15 JUL 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking