• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta inscribe seis mouteiras das provincias da Coruña e Lugo no Rexistro galego de materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución

A Xunta inscribe seis mouteiras das provincias da Coruña e Lugo no Rexistro galego de materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 10:05

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que dá publicidade á autorización de seis mouteiras situadas en Coristanco, Culleredo, As Pontes, A Fonsagrada, Lugo e Guitiriz para a produción de material forestal de calidade de interese para a industria

Enmárcase no obxectivo do Plan Forestal 2021–2040 de traballar para que o monte galego contribúa á conservación da natureza e á prestación doutros servizos ambientais e no seu Programa de fomento e valorización das masas de coníferas

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2022 Diario Oficial de Galiciaresoluciónpola que se dá publicidade á autorización de seis mouteiras selectas de Pinus radiata para a produción de material forestal de reprodución, así como á súa inscrición no Rexistro galego pertinente, co obxecto de poñer a dispoñibilidade do mercado materia prima de alta calidade. En concreto, as mouteiras selectas obxecto de inscrición no Rexistro galego de materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución son –na provincia da Coruña– a Chousa grande, en Coristanco, dominio público territorial deste Concello; Xalo, en Culleredo, titularidade da comunidade de montes veciñais en man común de Celas; e Coto Mouro, nas Pontes, de propiedade particular. Mentres, na provincia de Lugo, inscríbense Allonca II, na Fonsagrada, dominio público territorial da Comunidade Autónoma de Galicia; a Finca Carballido, en Lugo, de propiedade particular; e Sambreixo–Parga, en Guitiriz, da comunidade de montes veciñais Santa Leocadia.Esta inscrición enmárcase no programa no que está traballando a Consellería do Medio Rural para asegurar o abastecemento ao sector forestal de sementes das especies forestais de maior interese para a silvicultura. Ao tempo, é preciso que estas sementes teñan a calidade xenética que permita reforzar a resiliencia dos bosques ante factores como as enfermidades e pragas ou o cambio climático, buscando á vez que aumenten as características técnicas que permitan un uso na industria, repercutindo nun maior valor do produto que beneficie o silvicultor. Así, en 2021 iniciáronse os traballos de identificación de mouteiras que presentasen unhas moi boas características respecto aos valores que demanda a industria –como son a rectitude do fuste, que teñan poucas ramas, ou que non presenten bifurcacións no tronco– coa colaboración de entidades como o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.Posteriormente, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, xunto con persoal da empresa pública Seaga e do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, levaron a cabo a selección en campo, caracterización das masas e os traballos conducentes á declaración dos materiais de base e á publicación de hoxe no Diario Oficial de Galicia.Cabe engadir que a Consellería do Medio Rural continúa a traballar na caracterización de novos materiais de base da categoría seleccionada, tanto de Pinus radiata como de Pinus pinaster, e doutras especies como o bidueiro ou o carballo, incluídas no Decreto polo que se creou –en 2007– o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución. A presente inscrición enmárcase no eixe I da 1ª revisión do Plan Forestal de Galicia 2021–2040 “Cara á neutralidade carbónica” que aposta pola contribución do monte galego á conservación da natureza e á prestación doutros servizos ambientais como liñas de acción a conservación da biodiversidade e da multifuncionalidade dos montes como ecosistemas forestais, a mitigación e adaptación ao cambio climático, o desenvolvemento de enerxías renovables e a conservación e mellora dos recursos xenéticos forestais.Ao tempo, o Eixo IV, sobre os recursos forestais e a cadea monte–industria, establece un Programa de fomento e valorización das masas de coníferas que ten por obxecto incentivar actuacións de repoboación forestal deste tipo de masas, así como de tratamentos silvícolas que favorezan o crecemento da masa e a obtención de madeira de calidade. Normal 0 21 false false false


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.


Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar