• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta informa en Padrón das novas axudas Xempre Emprendemento de ata 30.000 ? para apoiar investimentos de pemes, autónomos e entidades de economía social

A Xunta informa en Padrón das novas axudas Xempre Emprendemento de ata 30.000 € para apoiar investimentos de pemes, autónomos e entidades de economía social

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 19:14

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na presentación do coworking emprendemento sustentable de proxectos culturais e artísticos no rural da Fundación Paideia Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os novos apoios de Promoción do Emprego e Igualdade que contan cun orzamento de 2,8 M? e están dirixidos ás iniciativas empresariais cunha actividade iniciada a partir do 1 de xaneiro de 2020

As achegas permitirán financiar, entre outros, gastos derivados da adquisición de equipamentos informáticos, mobiliario, reforma de locais ou de eficiencia enerxética realizados desde o 1 de xaneiro de 2022 ata a data de curso da solicitude

Ardao puxo en valor a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego que suporá o despregue de 12 centros distribuídos por toda Galicia para avaliar as potencialidades de negocio vinculadas aos territorios onde se radican

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, informou hoxe en Padrón –na presentación do coworking emprendemento sustentable de proxectos culturais e artísticos no rural da Fundación Paideia Galicia– do novo programa de axudas da Xunta Xempre Emprendemento para apoiar con ata 30.000 euros investimentos realizados por pemes, autónomos e entidades de economía social (sociedades cooperativas e laborais). A iniciativa, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia ( DOGasumidos polas iniciativas empresariais máis recentes e contribuír, deste xeito, a mellorar a súa competitividade. Para iso, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade investirá 2,8 millóns de euros. Os apoios poderán solicitarse desde o martes 4 de outubro e ata o próximo 4 de novembro. Poderán optar as iniciativas empresariais que teñan iniciada a súa actividade desde o 1 de xaneiro de 2020 (ou máis tarde) e permanezan en activo e outorgaranse axudas para financiar investimentos realizados polas entidades entre o 1 de xaneiro de 2022 ata a data da solicitude. Cubriranse investimentos xa realizados (debidamente xustificados mediante factura) en equipamento informático, melloras da eficiencia enerxética, adquisición de mobiliario, reforma e/ou habilitación de locais ou adquisición de equipos de segunda man para o negocio, entre outros. Os pagamentos variarán en función da intensidade do investimento realizado. Irán así dun mínimo de 3.000 euros para o mínimo investimento financiable (de 5.000 euros) ata os 30.000 euros para a máxima (100.000 euros). En palabras de Ardao, este novo programa busca impulsar a actividade empresarial en Galicia. “Queremos favorecer a iniciativa empresarial no territorio e as políticas de apoio aos traballadores autónomos e á economía social”, apuntou. Para acadar este reto, a Xunta tamén ten en marcha a Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego, que suporá o despregue de 12 centros distribuídos por toda a comunidade para avaliar as potencialidades de negocio vinculadas aos territorios onde se radican. Co polo de Verín (Ourense Centro e Sur) e de Silleda (Pontevedra Norte e Rías Baixas) xa en marcha –e o de Coristanco (Costa da Morte) a piques do seu estreo–, a Xunta de Galicia iniciou, segundo Ardado, xa unha nova forma de emprender, baseada no acompañamento ás persoas que queren desenvolver unha idea de negocio. A Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Galicia forma parte da nova estratexia de Emprego da Xunta de Galicia, Xempre Contigo.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE