Xunta de Galicia

A Xunta incorporou xa a dous novos médicos con praza fixa na quenda de tarde do centro de saúde de Moaña

A Xunta incorporou xa a dous novos médicos con praza fixa na quenda de tarde do centro de saúde de Moaña

Xunta de Galicia

Publicado el - Actualizado

2 min lectura

As prazas foron adxudicadas a través do sistema de concurso de méritos sen oposición habilitado pola Xunta a través dunha habilitación legal e os profesionais incorporáronse o pasado martes

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou a adxudicación, neste mesmo mes, da obra de construción do novo centro de saúde de Moaña, lembrando que o goberno local tardou dous anos e medio en achegar a parcela

“A Xunta incorporou xa a dous novos médicos con praza fixa na quenda de tarde do centro de saúde de Moaña”. Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, no Parlamento de Galicia, en resposta a unha pregunta do Bloque Nacionalista Galego, sobre o servizo médico na casa do mar deste concello. Na súa intervención no Pazo do Hórreo, o titular da carteira sanitaria subliñou que os novos médicos xa se incorporaron o pasado martes, e que as prazas foron adxudicadas a través do sistema de concurso de méritos sen oposición, habilitado pola Xunta a través dunha habilitación legal. O conselleiro tamén anunciou que, este mesmo mes, se adxudicará a obra de construción do novo centro de saúde de Moaña, “coa que se duplicará a superficie das infraestruturas actuais”. Sobre este particular, lembrou que “o Goberno local tardou dous anos e medio en achegar a parcela, mentres que a Xunta vai resolver os seus trámites en seis meses” (licitación, adxudicación e supervisión do proxecto). “Moaña podería ter xa un novo PAC funcionando, se o seu goberno local fose igual de áxil que a Xunta”, –remarcou o conselleiro de Sanidade–.A realidade é que, grazas ás medidas postas en marcha polo Goberno galego para paliar a falta de médicos do primeiro nivel asistencial, “hoxe hai tres médicos máis con praza fixa no centro de saúde de Moaña, os dous de agora e outro profesional que se incorporou en novembro”.

Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Temas relacionados

Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Lunes a viernes de 06:00h a 13:00h

Programas

Último boletín

18:00H | 14 MAY 2025 | BOLETÍN

Boletines COPE
Tracking