• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ve en Granitos Cabaleiro un exemplo de empresa que aposta polo aforro e a eficiencia enerxética

A Xunta de Galicia ve en Granitos Cabaleiro un exemplo de empresa que aposta polo aforro e a eficiencia enerxética

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 16:20

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá as instalacións da firma, no Porriño, para comprobar as actuacións que se están levando a cabo e que encaixan co obxectivo de avanzar cara a unha minaría máis sostible

Granitos Cabaleiro, co apoio do Goberno autonómico, executa actuacións para a mellora da eficiencia enerxética en maquinaria de corte, no proceso de aire comprimido e na iluminación que permitirán aforrar 750.000kWh/ano cun investimento público–privado de 630.000 euros

Tamén aposta polo autoconsumo a través da instalación de paneis fotovoltaicos –con axudas da Xunta– que lle permiten reducir o seu consumo eléctrico

A Administración galega mantén aberto o prazo para promover proxectos de aforro e eficiencia nas empresas dos sectores industria e servizos, así como para diversas liñas dirixidas a impulsar o autoconsumo e as enerxías renovables

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá no Porriño as instalacións da empresa Granitos Cabaleiro, con motivo das actuacións de eficiencia enerxética a autoconsumo realizadas.En concreto, a compañía executou tres proxectos de eficiencia enerxética e xa implantou outro de autoconsumo. Por unha banda, a Xunta concedeu unha axuda para a mellora da eficiencia enerxética na maquinaria de corte que permitirá aforros de preto do 56% do consumo inicial. Outorgouse un apoio para a mellora da eficiencia no proceso de aire comprimido que se inxecta para manter limpas as zonas de traballo que favorecerá un aforro do 58%, así como melloras na iluminación interior da nave para acadar aforros do 56%. Estas tres actuacións supoñen un investimento público–privado de ao redor de 630.000 euros e un aforro enerxético de 750.000 kWh ao ano. Xunto con estas actuacións de eficiencia enerxética, Granitos Cabaleiro tamén aposta polo autoconsumo coa instalación de paneis fotovoltaicos. Cun investimento total de 319.000 euros –con axudas da Xunta de máis de 156.000 euros– a empresa está reducindo o seu consumo eléctrico, ademais de evitar a emisión de 182 toneladas de CO2. Deste xeito, a empresa está acometendo actuacións que se aliñan co obxectivo da Xunta de Galicia de avanzar cara a unha minaría máis sostible. O director xeral lembrou que as axudas para promover proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores de industria e servizos –como os executados por Granitos Cabaleiro– permanecerá aberta ata o 3 de outubro.Ademais, para favorecer o autoconsumo, a Xunta tamén mantén abertas as liñas de axudas tanto para empresas como para o sector residencial e as administracións públicas cun importe total de 62,6M?. Aos que se suman os 11,3M? dispoñibles para apoiar iniciativas de enerxías renovables térmicas para particulares. Deste xeito, a Xunta ratifica o seu compromiso coa implantación de medidas que favorezan un maior aforro enerxético por parte de empresas, cidadanía e administracións, acompañándoas neste proceso con apoios que se adapten ás súas necesidades. Deste xeito, camíñase cara a unha Galicia máis verde, á vez que se favorece o aforro nas facturas enerxéticas.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar