• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta felicita a Aspronaga polos seus 60 anos ao servicio das persoas con discapacidade

A Xunta felicita a Aspronaga polos seus 60 anos ao servicio das persoas con discapacidade

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 17:25

O Goberno galego continuará apoiando o traballo que realiza esta entidade coruñesa, que é un referente no ámbito social

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá nos actos de celebración do 60 aniversario de Aspronaga. O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, tamén asistiron aos actos conmemorativos desta efeméride, que tiveron lugar no seu centro de Lamastelle, en Oleiros, ao longo de toda a xornada de hoxe. Trenor subliñou o papel de Aspronaga na atención ás persoas con discapacidade e das súas familias na área da Coruña. Por iso, remarcou o compromiso do Goberno galego con esta entidade referente no ámbito da discapacidade coa que a Administración autonómica leva moito tempo traballando.Así mesmo, o delegado da Xunta aproveitou a celebración para agradecer o labor diario dos profesionais que forman parte dos servizos da asociación, por impulsar a autonomía dos usuarios e tamén por mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.Nesta mesma liña, Fernando González Abeijón destacou que Aspronaga “é todo un exemplo no eido social polo seu facer diario en favor da inclusión”. Tamén resaltou a importancia da colaboración coas entidades que traballan día a día a pé de campo para mellorar a autonomía das persoas con discapacidade. Normal 0 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar