Xunta de Galicia
A Xunta expón en Valencia a súa experiencia en compra pública de innovación, na que leva investido máis de 320 M? desde 2010

Xunta de GaliciaXunta de Galicia
Tiempo de lectura: 3'
Actualizado 22:40
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá no V Foro Iberoamericano de CPI e Innovación Aberta
Expuxo as claves, experiencia e medidas empregadas para impulsar este instrumento de contratación en Galicia
Anunciou tamén unha nova convocatoria de apoios para impulsar a creación de produtos e servizos tecnolóxicos para a industria baseados en sistemas non tripulados e intelixencia artificial empregando a fórmula da Compra Privada de Innovación, así como os proxectos identificados pola Xunta de Galicia para mellorar os servizos públicos que presta a través da CPI
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, interveu esta mañá nun panel sobre casos de éxito de estratexias rexionais de Compra Pública de Innovación (CPI) no marco do V Foro Iberoamericano de CPI e Innovación Aberta que se está a celebrar estes días en Valencia, coa colaboración da Xunta de Galicia.A directora expuxo a experiencia do Goberno galego neste instrumento de contratación que impulsa a innovación desde o sector público para dar resposta aos retos e necesidades da sociedade. Galicia leva executado desde 2010 máis de 320 millóns de euros, dos que ao redor de 125 M? corresponden a proxectos de sanidade e 150 M? ao Polo Aeroespacial de Galicia. No ámbito sanitario destacan iniciativas pioneiras como os proxectos Hospital 2050 e InnovaSaúde e, máis recentemente, Código100, Empattics ou Innotrial. Por outra banda, desde 2015, lanzouse a iniciativa estratéxica da Xunta de Galicia para desenvolver un polo industrial e tecnolóxico ao redor dos vehículos non tripulados. A directora tamén explicou o programa Innpulsa CPI a través do que a Xunta de Galicia promove a cultura da innovación na Administración, con actuacións como a organización deste Foro que celebrou a súa primeira edición na Comunidade ou a creación do Premio aos Empregados Públicos Innovadores. Así mesmo, Gain desenvolve un papel dinamizador da innovación nas políticas públicas e, neste contexto, promove a identificación de necesidades non satisfeitas e apoia o deseño de proxectos de CPI por parte dos distintos departamentos autonómicos. Actualmente, téñense identificado once proxectos con aplicacións en ámbitos como a enerxía, a educación, a sanidade, o medio ambiente, a minería ou a xestión da auga e susceptibles de ser cofinanciados a través da liña de Fomento da Innovación desde a Demanda (Liña FID) do Ministerio de Ciencia e Innovación. Os proxectos están relacionados coa intelixencia artificial no ámbito educativo para a creación do expediente dixital do alumnado e máis para a prevención do fracaso escolar; novas tecnoloxías relacionadas coa produción, o almacenamento e a distribución do hidróxeno verde; a conectividade das plataformas de enerxía mariña; a posta en valor dos recursos mineiros galegos mediante solucións innovadoras relacionadas coa economía circular; solucións construtivas innovadoras en madeira; solucións innovadoras para a recuperación dos núcleos rurais: a mellora da xestión da auga e a transmisión da información á cidadanía; a medicina de precisión; a compensación do CO2 local ou novas solucións para contribuír a mellorar os servizos públicos mediante tecnoloxías baseadas en vehículos non tripulados.Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.
La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando
Etiquetas

- item no encontrado