• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta celebra a recuperación do mosteiro de Dozón, unha das principais xoias do rural galego

A Xunta celebra a recuperación do mosteiro de Dozón, unha das principais xoias do rural galego

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 13:45

O conselleiro de Cultura inaugura a rehabilitación de San Pedro de Vilanova, onde a Xunta de Galicia acaba de investir 300.000?

A intervención centrouse na mellora da cuberta, fachadas e carpintería exterior, así como na conservación do retablo maior do templo románico

A actuación forma parte do compromiso da Administración galega coa protección do patrimonio cultural da nosa Comunidade, á que este ano destina un 14% máis

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o mosteiro de San Pedro de Vilanova, no concello de Dozón, onde a Xunta de Galicia acaba de completar traballos de rehabilitación cun investimento superior aos 300.000?. A intervención, tal e como explicou o responsable autonómico de Cultura, centrouse na mellora da cuberta, fachadas e carpintería exterior, así como na conservación do retablo maior deste templo románico. No acto de inauguración coa veciñanza, que contou coa actuación musical de Emilio Rúa e Margarida Mariño, o representante da Xunta de Galicia celebrou que os traballos permitisen recuperar “unha das principais xoias patrimoniais do rural galego e poñer en valor este templo románico de máis de 900 anos de historia”.“En Galicia temos a sorte de contar cun rico e variado patrimonio cultural espallado por todo o territorio que en moitos concellos rurais funciona como un auténtico dinamizador da oferta cultural”, explicou Román Rodríguez. Neste senso, salientou o forte compromiso da Administración autonómica coa conservación, restauración, investigación e divulgación do patrimonio cultural da nosa Comunidade. “Somos a administración que máis inviste en tarefas de rehabilitación. Así o demostran as contas da Consellería, que este ano incrementa un 14% a partida destinada a este fin”, afirmou. Neste caso, os traballos impulsados pola Xunta de Galicia estaban destinados a poñer en valor o templo románico de San Pedro de Vilanova de Dozón e a resolver os problemas de humidade que afectaban as zonas sur e norte intervindo nas fachadas e nas cubertas. O proxecto completouse coa pavimentación da contorna exterior con acabados pétreos e co acondicionamento dos muros exteriores no adro, así como a canalización de pluviais e drenaxes. Normal 0 21 false false false ES X–NONE X–NONE


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar