• Domingo, 28 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A Xunta busca consolidar o Foro da Castaña que se celebra en Riós no marco do convenio para impulsar a xestión activa dos soutos de castiñeiros e de frondosas autóctonas

A Xunta busca consolidar o Foro da Castaña que se celebra en Riós no marco do convenio para impulsar a xestión activa dos soutos de castiñeiros e de frondosas autóctonas

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 16:37

Os obxectivos da cita –que se celebra entre hoxe e mañá por primeira vez– son o fomento da participación colectiva, o intercambio de información e establecer canles de comunicación entre os axentes que interveñen na cadea de valor do castiñeiro

Todo ao abeiro do acordo co Concello de Riós para promover as agrupacións forestais de xestión conxunta e a loita contra as doenzas do castiñeiro e das frondosas autóctonas, a través do Centro de Desenvolvemento Forestal da localidade

José Luis Chan puxo en valor o Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña, que persegue recuperar 8.000 hectáreas de soutos e plantar 16.000 ha máis no marco do Plan Forestal 2021–2040

Tamén o éxito na loita biolóxica contra a avespiña do castiñeiro, que se consolida ano tras ano grazas ao asentamento do parasito Torymus sinensis nos soutos galegos

Normal 0 21 false false false Riós (Ourense), 7 de outubro de 2022 A Xunta busca consolidar o Foro da Castaña que se celebra por vez primeira entre hoxe e mañá en Riós no marco do convenio asinado con este Concello para a identificación, vixilancia e promoción da xestión activa dos soutos tradicionais de castiñeiros e de frondosas autóctonas. Así o destacou o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, que acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, foi o encargado de inaugurar esta cita que ten como obxectivos o fomento da participación colectiva, o intercambio de información e establecer canles de comunicación entre os axentes que interveñen na cadea de valor do castiñeiro.Así, este foro participativo de experiencias e novidades relacionadas coa recuperación dos soutos tradicionais, coas novas plantacións de carácter produtivo, ecolóxico ou recreativo ou cos procesos produtivos é unha das accións previstas no acordo subscrito co Concello de Riós cuxa vixencia se prolongará deica finais deste ano. Un acordo que persegue facer especial fincapé na promoción das agrupacións de propietarios para a xestión conxunta sobre figuras de base asociativa, civil ou mercantil, así como na loita contra as doenzas do castiñeiro e das frondosas autóctonas, a través da participación activa do Centro de Desenvolvemento Forestal de Riós. Na súa intervención, o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal puxo en valor este convenio que contempla actuacións a prol da vixilancia e loita contra as doenzas do castiñeiro e de masas de frondosas autóctonas de especial interese, ao tempo que sinalou que –no caso da avespiña– a loita biolóxica liderada pola Xunta está sendo todo un éxito grazas ao asentamento nos soutos galegos do parasito Torymus sinensis. O acordo tamén busca –segundo lembrou– impulsar accións formativas sobre o sector da castaña, apoiar a elaboración do Inventario forestal continuo e potenciar a xestión forestal activa dos montes veciñais e soutos. A maiores, José Luis Chan salientou os obxectivos marcados no Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña de recuperar 8.000 hectáreas de soutos e de plantar 16.000 ha máis para a produción de madeira e de froito desta especie, no marco do Plan Forestal 2021–2040 “Cara á neutralidade carbónica”. Tamén se referiu á Área dos soutos posta en marcha para centrarse na xestión deste recurso tan importante para Galicia ou á Mesa da Castaña que lle dará un maior peso á Axencia Galega da Calidade Alimentaria para fomentar o produto amparado pola indicación xeográfica protexida (IXP) Castaña de Galicia e as variedades autóctonas. Así mesmo, o director xeral falou das novas axudas que se convocarán para incidir no aumento de plantacións de castiñeiro para froito, na recuperación de soutos tradicionais, na mellora de masas consolidadas de frondosas autóctonas e na xestión forestal sostible para usos silvopastorais en frondosas autóctonas. Máis aló do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, na xornada de hoxe participan o xefe do Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte, José Martel, e a xefa da Área dos Soutos da Xunta, Raquel Blanco, detallando as distintas medidas que recolle o Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña. Tamén o director do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, Enrique Martínez, abordando a caracterización de novos portaenxertos compatibles coas variedades de castaña do mercado galego para a implantación de novos soutos, ao abeiro dos traballos desenvolvidos polo CIF para garantir a calidade da nosa castaña de cara a consolidala como oportunidade do sector agroalimentario. Xa mañá sábado, o foro desprázase a Portugal, onde se visitará un souto pola mañá e se presenciará a recollida da castaña pola tarde –tanto mecánica como manual– por parte dunha empresa de transformación. Cómpre engadir que a superficie actual de castiñeiro en Galicia supera as 49.000 hectáreas, cunha produción media nos últimos anos próxima aos 20 millóns de quilogramos e un valor duns 20 millóns de euros pagados aos produtores e de 50 millóns en produtos transformados.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Fin de Semana

Con Cristina López Schlichting

Reproducir
Directo Fin de Semana

Fin de Semana

Con Cristina López Schlichting

Escuchar